VIGO
Vigo bate o seu récord de turistas nos sete primeiros meses do presente ano
As cifras de turismo rexistradas ata o mes de xuño en Vigo apuntan a un novo incremento da chegada de visitantes e a un récord total con 229.000 visitas e 440.000 pernoctas. O alcalde valorou os datos e destacou que "a cidade xa foi capaz de ter a súa propia pata turística" ata converterse "no segundo lugar máis visitado de Galicia" grazas ás Cíes
![[Img #44050]](upload/img/periodico/img_44050.jpg)
Abel Caballero ofreceu recentemente os rexistros de turistas acadados en Vigo durante o xullo. Así, a finais de xullo a cidade logrou bater un novo récord de visitas na súa historia, posto que nos sete primeiros meses a chegada de turistas creceu un 0,33%.
"Xa parecía imposible, porque 2017 foi excepcional, pero seguimos crecendo", sinalou o alcalde. Segundo os datos, en xullo houbo 229.000 visitas a Vigo e 440.000 pernoctas, de maneira que a cuarta parte do turismo da provincia e o 10 por cento de Galicia visitou Vigo.
Caballero destacou que Vigo xa foi capaz de ter "a súa propia pata turística" e explicou que a cidade "necesitaba este desenvolvemento" para complementar os sectores da industria, automoción, naval, I+D, pesca e empresas.
"Esta pata turística significa miles e miles de empregos, somos o segundo lugar máis visitado de Galicia grazas ás Cíes e vamos no bo camiño, na boa dirección", explicou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168