Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 29 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O Partido Socialista de Mos declarase "en contra" da area comercial do Celta en Mos

[Img #44082]

 

O pasado xoves 23 de agosto o PSOE de Mos celebrou unha asemblea local na que se debateu o proxecto da Cidade deportiva do Celta en Mos. Ata o de agora o Partido Socialista mantivérase o marxe das negociacións xa que entendía que "era o momento de que as partes afectadas, comunidades de augas e montes principalmente, falasen".

 

Tras diversas reunións coas comunidades, co Celta e o Concello a executiva local decidiu facer unha asemblea cos militantes na que a voceira socialista, Patricia Pérez, comunicase a información recollida ata a data, para así poder concluír cunha posición o respecto.

 

Tras valorar "os impactos medio ambientais, o prexuízo que lle vai supoñer o pequeno comercio da contorna, que unha comunidade de montes propietaria duns terreos teña que vendelos para un uso privado coma sería un centro comercial, que haxa que recalificar unha zona catalogada fai escasos anos coma forestal protexida para uso comercial e os escasos beneficios para a veciñanza, a militancia socialista decidiu posicionarse en contra da construción dun centro comercial no monte de Tameiga".

 

A Secretaria Xeral, Victoria Alonso, di non comprender "a teima da rexedora Arévalo cun proxecto que non atende as necesidades da veciñanza de Mos nestes momentos e que só beneficia a unha persoa". Recórdalle que "coa débeda que atravesa o concello en vez de estar presionando a veciñanza para que apoien o proxecto debería estar vixiando a boa xestión do concello e ó carón das veciñas e veciños que pídenlle que defenda o noso monte fronte a especulación urbanística".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.