Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 29 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Inicio das obras de ampliación e construción dun skatepark no Porto da Guarda

[Img #44090]

Esta semana iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona deportiva e de ocio infantil.

 

Ata o lugar trasladáronse o Alcalde da Guarda, acompañado da Concelleira de Turismo, o Concelleiro de Vías e Obras e o Concelleiro de Deportes, para  visitar o arranque das obras e supervisar os traballos que alí se realizarán nos vindeiros días.

 

Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

 

O proxecto inclúe a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a actual pista multiusos e albergar o novo skatepark, que contará cun «bowl» e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46m x 18,20m.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.