MOS
O Inventario de Camiños Municipais do Concello de Mos entra en Trámite de Audiencia
Foi aprobado por unanimidade durante o Pleno Ordinario do mes de agosto celebrado no Pazo de Mos
![[Img #44129]](upload/img/periodico/img_44129.jpg)
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou esta semana por unanimidade, na súa sesión ordinaria do mes de agosto, o ‘Inventario de Camiños Municipais. Trámite de Audiencia’, que chega tras a aprobación inicial e posterior proceso de información pública no que os interesados puideron realizar as alegacións que estimaron necesarias e/ou oportunas.
Unha vez rematado o período de exposición ó público do documento procedeuse ó estudo por parte dos técnicos municipais das alegacións presentadas. Agora os interesados, durante este Trámite de Audiencia, poderán presentar a documentación a maiores que lles foi requerida, xa que a algúns deles solicítaselles maior xustificación documental para refrendar as súas alegacións. Tras este trámite xa só queda pendente a aprobación definitiva do Inventario de Camiños Municipais para a súa entrada en vigor. Coa aprobación definitiva será cando se faga pública a estimación ou desestimación das alegacións presentadas.
Obxectivos
O inventario contempla os viais dos núcleos rurais e mediante a realización do mesmo preténdese, segundo declararon a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, “especificar os camiños de titularidade municipal e regularizalos especificando os servizos e condicións de cada un dos viais inventariados e aunalos nun documento dixitalizado que permitirá axilizar a elaboración de informes técnicos municipais e, en consecuencia, as licenzas solicitadas polos veciños; entre outras moitas vantaxes”.
O edil Camilo Augusto e a rexedora local aseguran que con este inventario preténdese “crear unha ferramenta de traballo eficaz para o Concello, que constituía unha demanda importantísima dende fai anos tanto por parte dos técnicos municipais como polos veciños e veciñas de Mos”.
O obxectivo deste documento é identificar, definir e valorar os viais públicos existentes nos núcleos rurais que están delimitados no PXOM, 119 en total. Para elo foi necesario realizar un traballo de campo previo para levar a cabo a imprescindible verificación sobre o terreo das características físicas de todos e cada un dos camiños tales coma lonxitude total, anchura media, existencia ou non de saneamento, abastecemento, alumeado público; e tipo de pavimento. Ademais determináronse mediante instrumental topográfico as coordenadas de inicio e final do camiño, así coma as dos puntos de intersección con outros camiños municipais, provinciais, autonómicos ou estatais. Obtivéronse tamén fotografías dos puntos xeoreferenciados.
Unha vez completado o traballo de campo nun núcleo rural tratáronse informáticamente os datos recollidos para completar unha ficha de cada vial. Ademais dos datos anteriores, a ficha inclúe unha valoración do camiño atendendo ás súas características peculiares, para o que previamente fixouse un valor unitario para cada parroquia dacordo cos arquitectos municipais.
O documento final preséntase composto de cartografía e base de datos. A cartografía cos camiños identificados sobre ela presentarase en formato PDF, imprimible en tamaños A3 ou A4. A base de datos recolle todas as características dos camiños, de tal xeito que poida accederse á ficha de cada un deles tecleando o seu correspondente código, as coordenadas dun dos seus extremos, ou o seu nome común. Esta base de datos permitirá a impresión da ficha que consta da configuración e distribución de información acordada cos técnicos municipais.
O inventario de camiños descrito consta, polo tanto, dunha parte gráfica (planos en PDF) e outra numérica ou dixital (base de datos) relacionadas entre sí.
Este inventario ven a complementar o arduo labor municipal, primeiramente de nomeamento e sinalización de tódolos viais municipais e renumeración de tódalas vivendas, seguidos da confección dun rueiro do que carecía o Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126