Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 29 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de MOS colabora coa campaña solidaria #súmatedoasangue

O Concello de Mos e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.


O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.


Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:


PETELOS
JUEVES 30 de AGOSTO
UNIDADE MOBIL DE DOAZON DE SANGUE A CARON DA CAPILLA DE SAN AMARO
15.30 a 21.00 horas
GUIZAN


VIERNES 31 DE AGOSTO
UNIDADE MOBIL  DE DOAZON DE SANGUE DIANTE DO CENTRO CULTURAL
15.30 A 21.00 horas



MOS acadou unha taxa de 11 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2017 e  temos que incrementar a participación para acadar as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes).


Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.