Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 31 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Comezan as obras de mellora integral da estrada Puxeiros-Peinador

Alcaldesa e concelleiro de Vías e Obras visitaron a zona obxecto do proxecto de optimización da seguridade viaria

[Img #44170]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, o enxeñeiro da Deputación de Pontevedra, e responsables da empresa construtora adxudicataria da obra de mellora integral da estrada provincial EP-2603 Puxeiros-Peinador, visitaron  a zona obxecto dos traballos de optimización para realizar labores de supervisión previos ao inicio das obras, que será inminente.

 

A actuación consistirá na rehabilitación integral do firme da estrada, na instalación de sistemas de barreiras de seguridade para motociclistas, elementos de redución da velocidade de tráfico e nova iluminación; así como na renovación do abastecemento de auga e a drenaxe. As obras teñen un orzamento de 632.857,31 euros financiado pola administración provincial e supoñerán unha importante mellora na seguridade viaria para todos os usuarios da vía, tanto peonís como motorizados.

 

A estrada Puxeiros-Peinador rexistra unha alta intensidade de tráfico, sobre todo de vehículos pesados e ten gran capacidade vertebradora dentro do municipio, debido a que conecta o núcleo urbano de Puxeiros co aeroporto, o IFEVI e a zona industrial do Rebullón. O tráfico que soporta é moi elevado debido ao importante número de naves de almacenamento e loxística que utilizan esta vía de acceso. Actualmente existen problemas que reducen a seguridade da vía, tales como o mal estado xeral dos pavimentos, a insuficiente iluminación, falta de elementos de contención adaptados a motoristas en curvas perigosas (barreiras de seguridade), sistemas puntuais da drenaxe mal resoltos, beirarrúas con danos puntuais e mal estado da sinalización horizontal e vertical e do abastecemento, con constantes roturas que provocan danos estruturais ao firme.


 
Por todo iso, as actuacións nas que se centra o proxecto son rehabilitación superficial do firme, mellora da sinalización e dos sistemas de contención, mellora da seguridade viaria mediante a colocación de reductores de velocidade; e actuacións complementarias.

 

O proxecto de mellora da seguridade viario na EP-2603, Puxeiros-Peinador, comezará a acometerse nos vindeiros días cun prazo de execución de tres meses. A estrada EP-2603 que une Puxeiros con Peinador pertence á rede de estradas da Deputación de Pontevedra, e discorre dentro do municipio de Mos. O ámbito de actuación do presente proxecto comprende a práctica totalidade da estrada, cunha lonxitude aproximada de 2.759 metros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.