Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21
Jueves, 30 de Agosto de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Maís de 200 integrantes do Club Balonmano Porriño preparados para afrontar a tempada 2018-2019

[Img #44181]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, presidiu este xoves a presentación das distintas categorías do Club Balonmano Porriño para a tempada 2018-2019, na  participarán máis de 200 xogadores e xogadores do club que, un ano máis, terá nas integrantes do equipo feminino de División de Honra, o seu referente.


No acto, que estivo precedido de distintos partidos de exhibición na Praza de Antonio Palacios, asistiron o concelleiro de Urbanismo, Comercio e Industria, Marcelino Coto, e a responsable de Educación, Lourdes Moure, ademais do presidente e adestrador do Balonmano Porriño Grupo Godoy Maceira, Abel Estevez, quen logo de amosar o seu orgullo por todas as deportistas e deportistas dos diferentes equipos de cada categoría, dende os máis pequenos e pequenas, ata os membros do plantel que xogará a 1ª división Galega masculina, agradeceu a colaboración do Concello e en especial “a sensibilidade da alcaldesa polo deporte feminino”. Estévez pediu que o apoio que presta o Concello ao Balonmano Porriño se manteña no tempo e que  “este siga a ser o Concello do Deporte".


Eva García de la Torre agradeceu o traballo da directiva, das adestradoras e adestradores, das xogadoras e xogadores e salientou a aposta “constante, firme, serie e decidida” do Goberno local e a importancia de que teñen para a sociedade porriñesa as novas e novos deportistas.


Para a alcaldesa o deporte aporta “non so moitísimas satisfaccións a todos nós senón principios esenciais no desenrolo da personalidade” de  cada cativo e cativa, valores entre os que subliñou o do esforzo, a entrega, o sacrificio, a solidariedade, a amizade ou o compañeirismo, “que forman parte do carácter do Porriño” e que contribúen a que sexamos “unha referencia en toda España no eido deportivo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.