VIGO
XXV Revoltallo de música emerxente
Esta cita musical cumpre 25 anos ininterrumpidos de música emerxente en Valladares, cun cartel histórico
![[Img #44193]](upload/img/periodico/img_44193.png)
Celebrarase os días 7, 8 e 9 de setembro co seu cartaz máis ambicioso en moitos anos, música galega de todo tipo e actividades para toda a familia. tras este 25 aniversario, convértese nun dos festivais máis míticos e lonxevos de Galicia. Naceu na década dos noventa dunha novedosa idea de incluir estilos tan diferenciados como o indie, techno e o hardcore, cun presuposto moi limitado pero defendendo ano tras ano o seu humilde cartaz ante os seus máis acérrimos seguidores.
A Xuntanza Xuvenil co apoio do Centro Cultural de Valladares déronlle unha volta ao plantexamento deste festival, que agora eríxese coma unha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (O Pedregal), aínda que a música emerxente segue sendo o principal reclamo destas xornadas. Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar en dous espazos moi distintos: na Carballeira do Pedregal e a cuberto no auditorio deste Centro.
A programación arrinca o venres ás 20:00 horas da man de Blues do País. Este dúo formado por Bieitta James a.k.a. Iseo Agilda e Pepe King a.k.a. Brais das Hortas fará bailar coas versións máis galegas dos grandes éxitos de onte e de hoxe. Despois o turno será para The Manueles. Virxilio da Silva á guitarra, Juansi Santomé ao baixo e o batería Chus Pazos, repasan o legado que deixou a inspiración del fundador do surfrock, na costa Californiana dos últimos cincuenta anos. O ritmo dos balcáns chega a Valladares da man da Fanfarria taquikardia, que dende que naceron no 2010 non fixeron máis que medrar consolidándose en todo o país como unha das bandas refentes do estilo balcánico e klezmer, eixo vertebrador e característico desta agrupación. A incorporación á Fanfarria Taquikardia do músico romanés Roman Leonard (acordeonista e cantante) enriqueceu notablemente a proposta musical da formación ao poderen incorporar voz a súas vivas e coloridas melodías. Skandalo Gz, ponteareanos Ska-Punk, con un percorrido de 10 anos de loita e reivindicación, e catro discos publicados, serán os encargados de dar paso ao grupo de rock emerxente local, Spoonful, que pecha esta primeira xornada de música en directo.
A segunda xornada comeza o sábado 8 ás 20:00 horas, con Cuarta Xusta, rock revelación, a pesares de levar a penas dous anos nos escenarios xa son un nome habitual nos festivais da nosa terra. O seu primeiro traballo discográfico Un novo espertar , inclúe oito temas propios que seguen unha marcada liña social e conta con grandes colaboracións do eido musical galego. Tamén haberá espazo para o trap de Boyanka Kostova. Este dúo compostelano promete leiras en vez de luxo e mestura cultura e costumbrismo local ao xénero de moda. Sabor compostelano tamén da man de Terbutalina e o seu garage punk característico. O seu penúltimo LP, A Muerte gañou o premio ao mellor Álbum en galego 2014 nos premios da música independente e agora presentan Al Otomano se le va la mano o seu último traballo. Coma propostas locais, dende moaña con amor, The Lelli Kelly’s e Treintañeras Cañeras. En outubro saiu Caimán del Ku Klux Klan , o seu traballo debut, baixo a producción de Paco Serén (ex Piratas) en Eclipsis CenStudios. Pildorazos repletos de guitarras afiladas e voces agresivas e moi persoais, con influencias tales como Foo Fighters, Gallows o Nirvana.
A música trasládase ao interior do Centro Veciñal e Cultural de Valladares no domingo, podendo disfrutar de Son Trío no seu magnífico auditorio. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello) acaba de estrear cunha fantástica acollida o seu proxecto “Miña Almiña” basado na letra de Rosalía de Castro e música orixinal.
Revoltalliño
Na nova configuración deste festival hai espazo tamén para os máis cativos. A carballeira é o espazo destinado ás familias, que comeza a súa programación o venres ás 17:00 horas co obradoiro de creación libre de brinquedos, onde os pequenos poderán crear bonecos a partir de diferentes elementos naturais: poliñas, bugallos, follas, noces... para pechar a xornada co espectáculo A xogar, cantar e bailar da man de Cé Orquestra Pantasma ás 19h.
É só unha pildoriña do que vai pasar o domingo, o día familiar. Eva Vila e o seu carromato (17h.) a través da avoa Filomena irá narrando dende o seu carromato un conto detrás doutro:“A pequena eiruga lambona”, “Óscar, o botón” e ”O cabaliño de Madeira”. Tempo de circo co chou dos Makinolas (18h.), onde c lown, malabares, equilibrios e bailes mestúranse nun show divertido e familiar. Maxia con Deimi (19h.) para todos os públicos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións... pechan esta grande xornada de actividades.
Obradoiros
Dentro da oferta do revoltallo, o venres tamén será un día para aprender: de 17 a 20h sucederánse diferentes obradoiros de percusión africana, baixo de blues e rock’n’roll, iniciación de efectos coa guitarra, canto e producción de música electrónica.Serán nas instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, de balde e todos aqueles interesados poderán inscribirse ata o xoves 6 de setembro. Solo fai falla traer o equipo e moitas ganas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168