Lunes, 20 de Abril de 2026

Actualizada Domingo, 19 de Abril de 2026 a las 18:49:46 horas

Xornal21
Martes, 04 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas comeza a multar por incumplir a Ordenanza da zona azul

[Img #44261]

 

A concellería de Seguridade Cidadá do concello de Ponteareas advirte á cidadanía que xa é obrigatorio o "cumprimento da Ordenanza reguladora de estacionamento de zona azul polo que a Policía Local poderá denunciar a todos os vehículos que cometan infraccións á mesma, sendo obrigatorio a colocación do ticket nun lugar visible do vehículo".


O horario da zona azul será de 09:00 a 14:00 horas tódolos días laborais, agás domingo e festivos e permitirase aparcar nesta zona unha hora e media ao día totalmente de balde.


"De doado manexo tan só haberá que premer o botón verde, marcar a matrícula do vehículo e volver premer o botón verde para proceder á retirada do ticket e colocalo no parabrisas" sinalan.


Unha vez concluído o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o estacionamento e non poderá volver aparcar durante o horario establecido para limitación de estacionamento durante esa xornada.


A zona Azul seguirá sendo de balde e nos parquímetros expedirase un ticket no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento.


Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no ticket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro.


A zona azul ten como obxectivo dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións.


Para a concelleira de Seguridade Cidadá a zona azul garante máis axilidade e maior oportunidade de aparcamento quedando as zonas de aparcamento municipal, que se atopan no perímetro do centro a unha distancia inferior a cinco minutos andando, para aqueles vehículos que precisen estar estacionados un longo prazo de tempo.


A cidadanía poderá atopar trípticos informativos na casa do concello, na biblioteca, nas dependencias da Policía Local e nos comercios do centro urbano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.