SALCEDA DE CASELAS
Os empregados públicos de Salceda e asindicatos fan visible de novo a súa protesta no Pleno Municipal
Os empregados do concello sinalan que con "submisión, ao medo, a agochar a cabeza.....é así coma se sente realmente cómodo cos seus empregados este equipo de goberno. Esta é a mostra de talante e dialogo que teñen"
![[Img #44263]](upload/img/periodico/img_44263.jpg)
Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas, se manifestaron no pleno celebrado no concello o venres día 31 de agosto, dentro da liña de protestas que veñen realizando ao longo dos últimos meses, para facer visible a súa "precariedade laboral, e a súa total falta de dereitos".
Os funcionarios e laborais de Salceda están "entre os máis precarios do país", segundo afirman distintos sindicatos con representación no concello (CC OO, CSIF e CIG), pois se manteñen "desigualdades existentes entre o persoal laboral e o funcionario, con niveis mínimos en vías e obras onde hai traballadores con salarios de menos de 800 €, sen cobrar ningunha antigüidade ou complementos, a pesares de levar traballando no concello 20 anos, non hai promoción interna, nin horario de verán, nin conciliación familiar...."
"Non existe ningún Convenio Colectivo que regule os dereitos e obrigacións dos empregados, a pesares de presentar máis de 4 borradores para negociar na Mesa Xeral de Negociación por parte da representación sindical, ao longo dos últimos 11 anos. En canto ao cobro de antigüidade ou Trienios, somos o único concello de toda a Provincia de Pontevedra que non os cobra (existindo este xusto abono en concellos con e sen convenio). Así, se da o paradoxo de que a muller do concelleiro de persoal que entrou recentemente a traballar no Concello sen ningún tipo de experiencia, cobra máis que as auxiliares administrativas que levan máis de 25 anos traballando en prol dos veciños de Salceda, con innumerables horas de formación para a correcta realización do seu traballo" sinalan.
O II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo dos empregados públicos asinado en Madrid hai uns meses entre o Goberno e os Sindicatos, obriga as distintas administración públicas a negociar unha serie de melloras cos representantes legais dos traballadores, pis ben estas melloras foron as mínimas que marca a Lei, sen contemplar sequera o cobro das baixas laborais ao 100%, a pesares de "ser unha plantilla cunha idade media de 50 anos, curta, na que houbo baixas laborais por maternidade, enfermidades graves, intervencións cirúrxicas, baixas por depresión causadas por acoso laboral e incluso o falecemento dun compañeiro recentemente".
Os empleados lamentan que "os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos".
A “nefasta xestión de persoal no Concello de Salceda caracterizouse nos últimos anos pola permanente xudicialización, pola incapacidade e incompetencia do goberno municipal, así se teñen presentado ata 20 demandas de traballadores e traballadoras, e nos vindeiros meses caerán outras tantas, por despidos improcedentes, equiparación salarial, indefinicións, recoñecementos de antigüidade.....con infinidade de cartos aboados en indemnizacións e atrasos que pagan todos os veciños e veciñas de Salceda nos xulgados (máis os gastos na contratación dos avogados)" sinalan os traballadores.
Por último indican que "agora se nos di que para negociar, palabras textuais do concelleiro: 'temos que cambiar de actitude' ou que temos que retirar 'as demandas do xulgado'....ou sexa volver ao principio....a submisión, ao medo, a agochar a cabeza.....é así coma se sente realmente cómodo cos seus empregados este equipo de goberno. Esta é a mostra de talante e dialogo que teñen".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60