Lunes, 08 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 03 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O PSOE asegura que o PP usa “servizos municipais para cuestións privadas”

[Img #44289]

 

O Grupo Municipal Socuialista de Mos ven de emitir un comunicado no que asegura que "o pasado domingo 2 de setembro o Partido Popular celebrou un acto interno en Sanguiñeda no que empregou servizos públicos sufragados cos impostos de todos. A súa carpa, colocada nun terreo asfaltado e con pouco risco de sufrir un incendio contou cun coche de protección civil, dous camións de bombeiros e a lo menos 4 empregados municipais".

 

"Nun día caluroso de verán no que hai riscos de posibles incendios, os servizos de emerxencias deberían estar en alerta para posibles problemas que xurdan. E si se queren cubrir os actos ou as festividades do concello para evitar problemas maiores unha patrulla debería estar na Xuntanza do monte de Tameiga na que había maior risco de altercado forestal, onde tampouco houbo representación do Partido Popular xa que se ía ler un comunicado defendendo o monte fronte a area comercial do proxecto do Celta" explican dende a formación socialista.

 

A voceira socialista, Patricia Pérez, recórdalle a rexedora Arévalo que "os servizos pagados por todos non son para usos privados e que este feito responde a unha vez máis a súa inaptitude coma alcaldesa do Concello de Mos xa que demostra intereses partidarios fronte a defensa da veciñanza. Engade que si de producirse un incendio no concello e non poder socorrelo a tempo por estar cubrindo un acto do PP, que lle diría as e os mosenses?".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.