Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 03 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Inicio do curso na Escola de Música de Xinzo

[Img #44290]

 

A Escola de Música de Xinzo deu comezo o pasado sábado 1 de setembro a un novo curso escolar que se estenderá ata o 30 de xuño de 2019. O curso comeza con preto de 100 alumnos/as, consolidando así unha liña ascendente de aumento do alumnado ano tras ano.

 

Para dar cobertura ó seu alumnado, a Escola de Música conta cun cadro de 10 de profesores que garanten a ensinanza da maioría das especialidades musicais. As ausencias dos profesores titulares, serán cubertas a partires deste curso escolar mediante listas públicas de contratación que entraron en vigor o pasado 1 de setembro.

 

Neste novo período lectivo preténdense consolidar todos os cambios introducidos no pasado curso para mellorar a calidade formativa. Están programadas diferentes actividades músico-lúdicas co fin de dinamizar e favorecer a ensinanza musical entre todo o alumnado. Destacan a organización das semanas de Santa Icía, do entroido na rúa, ou a de portas abertas. Ademáis, organizarase un concurso de solistas, o festival de bandas infantís, e o mes da música de cámara. Todo isto complementándose coas audicións trimestrais correspondentes.

 

Neste novo curso escolar, a Escola de Música de Xinzo comezará a impartir clases no Centro Cultural de Arcos, como resultado do acordo alcanzado entre ambas entidades, que de seguro redundará no beneficio de toda a poboación de influencia da parroquia ponteareá de Arcos.

 

A principal novidade para este curso 2018/2019, serán as obras que se acometan por parte do Concello de Ponteareas nas instalacións da Escola de Música co fin de mellorar e ampliar a súa capacidade. Segundo Francisco Represas, Presidente da Banda de Música de Xinzo, “a previsión é que as obras comecen en decembro deste ano, e contan cun prazo de execución de aproximadamente 3 meses, nos que non poderemos utilizar as nosas instalacións”. “Isto levaranos a buscar un sitio alternativo coa suficiente capacidade que nos permita poder continuar o curso da mellor forma posible”.

 

Por último, animar a todos os interesados/as en iniciar ou continuar o seus estudos musicais, que o fagan na Escola de Música de Xinzo póndose en contacto nos teléfonos 620 06 14 34 ou 655 29 65 76.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.