Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21
Martes, 04 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

O BNG insta a que se presenten reclamacións no SERGAS pola falta de pediatra substituto

Como sucedera hai un ano, ante as vacacións ou baixas do pediatra titular o SERGAS non pón a disposición un pediatra substituto no Centro de Saúde de Baiona, derivando os pacientes ao Centro Médico da Xunqueira

[Img #44291]

 

Novamente Baiona quedará sin servizo de pediatría, desta vez do 1 ao 15 de Setembro por vacacións do pediatra titular no Centro de Saúde de Baiona. Como xa sucedera hai un ano, o BNG insta á veciñanza a que "presente reclamacións ante o SERGAS, co fin de que se perciba o descontento da mesma".

 

“Só a través da protesta formal cabe a posibilidade de rectificación dunha Consellería de Sanidade capitaneada por un Vázquez Almuiña que novamente deixa abandonada a súa vila”, dí Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona.

 

“A argumento de que non existen facultativos para contratar é unha falacia, como se puido comprobar coa xubilación do pediatra no Centro de Saúde de Coruxo, que foi substituído mediante contrato por días e coa advertencia de que derivarían os pacientes a Navia. A verdadeira derivación que oculta o Partido Popular no servizo de pediatría é da sanidade pública á privada”.

 

“Pregúntome si o Partido Popular fará como en Vigo e en Baiona apoiará as demandas da veciñanza para logo opoñerse no Parlamento. De feito Ángel Rodal xa mercou as excusas do SERGAS e en Pleno Municipal xustificou a ausencia de pediatra no Centro de Saúde de Baiona e que a Xunqueira non estaba tan lonxe. Si non ten capacidade para defender os intereses de Baiona queda constatado que fica inhabilitado para representar á veciñanza”, conclúe Iago Pereira.

 

O BNG repartirá reclamacións o vindeiro Mércores, entre as 10 e as 12 da mañá diante do Centro de Saúde de Baiona.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.