Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 16:07:35 horas

Xornal21
Domingo, 09 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde de Tui ordena a inspección da pirotecnia La Gallega

A Policía Local precintará completamente as instalacións e o perímetro da finca

O alcalde de Tui, Carlos Padín, ven de ditar unha providencia para garantir a suspensión da actividade da empresa pirotécnica La Gallega SL ordenada por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O alcalde ordena neste documento realizar unha visita de inspección urbanística a instalación de pirotecnia situada no barrio da Igrexa en Baldráns coa intención de adoptar as medida precisas que garantan o cesamento e suspensión total da actividade que alí se puidera realizar.


 Se procederá a inspección os días 10 e 11 a partir das 9.00h. Esta decisión se comunicará aos propietarios da instalación, a Garda Civil, a Subdelegación de goberno e aos técnicos municipais: secretaria, arquitecto municipal, técnico de administración xeral do departamento de urbanismo, enxeñeiro técnico coordinador do departamento de obras.


O mesmo tempo, o alcalde, ordena comunicar ao arquitecto redactor do proxecto de demolición, Rodrigo García Barros,  as deficiencias detectadas nese proxecto para a súa modificación recollidas nun informe emitido polo arquitecto municipal. Do mesmo xeito, ordena tamén a Policía Local, que efectúe o precintado completo das edificacións, instalacións e perímetro exterior da finca da pirotecnia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.