Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Xornal21
Domingo, 09 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Unha nova bomba de calor deshumectadora completa a mellora da piscina municipal

A instalación deportiva conta xa con todos os parámetros do aire e a auga minuciosamente regulados para o maior confort dos usuarios

[Img #44327]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, Baldomero Lorenzo, e a enxeñeira municipal visitaron as instalacións do Pavillón Óscar Pereiro que están a ser obxecto de labores de posta a punto previas ao inicio do novo curso 2018-2019.

 

Ademais das habituais tarefas de mantemento periódico o Concello de Mos, con fondos propios municipais, acometeu e xa rematou unha gran obra consistente na instalación dunha bomba de calor deshumectadora.

 

Esta bomba, que leva varios días en funcionamento, é unha infraestrutura destinada ó acondicionamento de aire da piscina. Coa súa instalación lógrase manter todos os parámetros (de humidade, temperatura, etc.) dentro dos límites marcados.

 

Para a colocación da bomba requeriuse da instalación de condutos de aporte/extracción de aire exterior específicos, instalación hidráulica, instalación eléctrica e obra civil. A instalación dos equipos da bomba de calor deshumectadora e os seus accesorios realizáronse na sala técnica, que se atopa na planta baixa da piscina.

 

A nova instalación tivo un coste de 44.950,00 € (sen IVE) e realizouse a súa instalación e posta en marcha aproveitando a parada vacacional da piscina (mes de agosto). Con esta nova instalación lógranse as óptimas temperatura ambiente e humidade relativa.

 

O anterior equipo tiña unha antigüidade de máis de 20 anos e o deterioro propio dun longo período de uso fixo necesaria a súa substitución.

 

Os representantes municipais, Arévalo e Lorenzo, explicaron que “esta actuación de mellora complementa á realizada na piscina municipal cuberta durante o pasado ano 2017, realizada en xuño, xullo e agosto, na que se realizaran os traballos para corrixir e mellorar o sistema de produción e almacenamento de auga quente sanitaria. Deste xeito, retirouse o acumulador vitrificado de 3.000 litros de capacidade, que carecía de boca de inspección e no seu lugar instaláronse dous depósitos acumuladores, de 1.500 litros cada un, con boca de inspección e de aceiro inoxidable. Tamén se retirou o acumulador vitrificado instalado no pavillón, pois tamén carecía de boca de inspección. Dotouse aos depósitos solares de grifos de toma de mostra, termómetros e demais medios necesarios. Instaláronse medios de regulación e control precisos para o correcto funcionamento. Realizáronse as probas hidráulicas correspondentes e a comprobación de temperaturas. Reagrupáronse os circuítos de colectores de ida e retorno e colocáronse as válvulas termostáticas mezcladoras de auga quente próximas aos puntos de consumo”.

 

“Coa mellora do sistema de producción e almacenamento de auga quente sanitaria e a renovación da bomba de calor deshumectadora logramos ter todos os parámetros do aire e a auga minuciosamente regulados para o maior confort dos centos de usuarios que semanalmente pasan pola piscina muncipal de Mos”, declararon a rexedora local mosense e o edil de Deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.