Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 08 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
OIA

Denuncian o "colapso" no Camiño de Santiago Portugués da costa á altura de Oia

[Img #44353]

 

Movemento Oia, denuncia o "lamentable estado en que se atopa o saneamento en Oia, a pesar de realizarse hai apenas 8 anos, a finais do ano 2010 cando entrou en funcionamento. Investiuse mais de 1 millón de euros, nunha rede de saneamento que non funciona correctamente xunto cunha serie de supostas ou falsas depuradoras que nunca estiveron en normal funcionamento, e que lle xera uns gastos moi importantes ao Concello, que lle privan de dedicar ese diñeiro a outros asuntos de maior interese".

 

"Xa cando se estaba facendo a obra, se dicía que fronte ao mosteiro, o bombeo daría problemas porque non hai pendente, e efectivamente enfronte do Mosteiro, o porto e a praia, atáscase asiduamente o colector provocando unha imaxe lamentable. O Concello recepcionou e asumiu unha obra que non está ben feita, e onde entre outras cousas o diámetro dos colectores non se corresponde co previsto no proxecto" aseguran. 

 

Dado que a rede de saneamento discorre neste caso polo camiño de Santiago portugués dá costa á altura dun Monumento BIC, cremos que é necesario que se tomen medidas para evitar que continuamente se atasque nese punto negro.

 

"Coñecemos cales son os problemas técnicos, que ocasionan que un día si, e outro tamén os operarios do concello teñan que ir coa motobomba para desatascar o colector e limpar o lugar" explican. 

 

Obviamente pode ser o problema dos bombeos na zona, o diámetro do colector ou o deposito previo á estación de bombeo que tamén desborda cara ao porto cando falla a estación. 

 

Asegurna que "é necesario reclamar as responsabilidades de quen fixo a obra no seu momento con fondos europeos, por que os veciños e Movemento Oia reclaman unha solución urxente, pois desatascar continuamente os bombeos pódelle saír máis caro ao concello que arranxalo dunha vez para que non volte a ocorrer".

 

"Non só o Mosteiro esta que cae, a imaxe que dá o Concello neste punto é penosa para os turistas e os peregrinos que viaxan por este tramo do camiño. De nada serve gastarse unha chea de cartos en paneis e monólitos informativos sen solucionar os problemas da veciñanza" indican. 

 

Tamen aproveitan a ocasión para lembrar que o" pleno solicitou por unanimidade a Instancia declaración de conxunto histórico artístico vila mariñeira, de Movemento Oia, presentada través do concelleiro do grupo mixto xoán lois vila. Para que o Concello solicite a declaración de conxunto histórico artístico". 

 

"Solicitamos á alcaldesa que cumpra coa decisión tomada polo pleno e apoiada por todos os partidos políticos e que curse canto antes a correspondente solicitude ou encargue os estudos ou informes necesario para que a instancia sexa aprobada pola Xunta. Isto permitirá acceder a subvencións que permitan poñer en valor toda a contorna entre outras cousas solucionar este problema en concreto".

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.