Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

‘Merca na rúa’ ofrecerá a vindeira fin de semana no Porriño centos de artigos con rebaixas de ata 70%

[Img #44357]

 

O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, xunto coa xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Noelia Conde, e membros da directiva da asociación presentaron este mércores a XIX ‘Merca na rúa’, que se celebrará no centro do Porriño a vindeira fin de semana: sábado 8 e domingo 9 de setembro.


Marcelino Coto gabou a excelente saúde que ten esta feira de oportunidades e amosouse encantado de que estea tan preto de chegar ás vinte edicións. O concelleiro asegurou que a fin de semana o tempo acompañará ao evento e non terá que suspenderse coma, por mor da borrasca ‘Félix’ tivo que facerse coa anterior cita, “as previsións apuntan a que o sábado e domingo teremos bo tempo e invito a todas as veciñas e veciños do Porriño e dos concellos do redor que se acheguen ata aquí e, ademais de dar un paseo aproveiten as oportunidades que estarán á venda”.


Coto lembrou que o Concello , en edicións anteriores, o Concello asume os custes de alumeado, limpeza, os inchábeis para os cativos e a vixianza de seguridade dos postos, para que os expositores non teñan que recoller e desmontar os mesmos pola noite, unha labor de garda na que desempeñará un papel esencial a Policía Local.


Noelia Conde, pola súa banda, sinalou que as persoas que se acheguen a ‘Merca na rúa’ terán ofertas de óptica, complementos, zapataría, zapataría de cativos, deportes, mesmo lencería, en 20 postos e con rebaixas de entre o 50 e o 70 por cento.


A xerente de Asociación de Comerciantes salientou que a feira, que ocupará, como xa era tradicional, a rúa peonil do centro do Porriño, estará aberta o sábado de 10 da mañá a 9 e media da noite e o domingo de 11 da mañá a 8 e media da tarde, os dous días de xeito ininterrompido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.