Domingo, 07 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 07 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O III Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 acada un 77% de inserción laboral

Organizarase a segunda edición do seu Foro de Emprego ActitudeCelebrarase no Auditorio de Torroso o 14 de setembro e os interesados en inscribirse poden facelo a través de http://actitudempleo.es

[Img #44359]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, fixeron públicos os bos resultados da terceira edición do Plan Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0 que, actualmente, conta cunha porcentanxe de inserción do 77%. Isto é, das 85 persoas participantes neste programa, o 77% está traballado ou traballou ao longo do mesmo. O teceiro PIE (Plan Integrado de Emprego) Mos 3.0 comezou o 1 de decembro de 2017 e rematará o día 30 de novembro deste ano.


O Plan está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia con 159.685,84 euros e o Concello de Mos financia unha parte con 32.706,74 euros, sendo o investimento total no mesmo de 192.392,58 euros.


O Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos ofrece orientación laboral personalizada mediante asesoramento a emprendedores/as, formación, e prácticas en empresas; entre outras moitas accións como por exemplo o II Foro de Emprego Actitude que se celebrará no auditorio de Torroso o venres 14 de setembro en horario de 09.00 a 14.00 horas. Os interesados en inscribirse poden facelo a través de http://actitudempleo.es


Ademais dos 85 usuarios/as do PIE (Plan Integrado de Emprego) e de todo aquel interesado en asistir, estarán presentes neste foro Alfonso Marnotes González, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, a rexedora local mosense, o edil de Emprego, e 5 empresas punteiras que presentarán as súas respectivas compañías e explicarán cales son os seus requerimentos mínimos imprescindibles para os candidatos que se presentan aos seus procesos de selección.

 

Ditas presentacións corporativas correrán a cargo das empresas, Benteler, Grupo Tendam (Cortefiel, Pedro del Hierro, Springfield, Women´s Secret, Fifty), Citic Hic Gándara Censa, Ballesol e Adecco. Esta última ofrecerá tamén a ponencia titulada “Toma vantaxe: coñece o mercado laboral, as competencias laborais e as técnicas de selección”, tras a que se realizará un obradoiro eminentemente práctico onde se analizará a actualidade do mercado laboral na bisbarra, definindo cales son os perfís profesionais máis demandados polas empresas a día de hoxe.


Así mesmo, definirase qué é unha competencia laboral, cales son as máis importantes e explicarase que técnicas son as máis utilizadas para a súa avaliación dentro dun proceso de selección. Exporase de xeito práctico esas técnicas e traballarase sobre elas.


Outra das ponencias será Quick Up – "Avaliación de destrezas nos procesos de selección". Cada vez é máis frecuente atoparse nos procesos de selección con probas para a avaliación de destrezas ou habilidades específicas que, en ocasións, poden desconcertar aos/ás candidatos/as.


Neste obradoiro exporase como se deseña un proceso de selección co obxectivo de explicar o papel que cumpren este tipo de probas e a información que aportan ao persoal técnico de selección. Asemade, repasaranse as diferentes tipoloxías de probas deste tipo que soen utilizarse, intentado explicar que busca avaliar cada unha delas. O obxectivo que se persegue é que as persoas asistentes poidan coñecelas para saber como afrontalas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.