MOS
Arévalo "o PSOE de Mos morre de envexa e alardea de ignoracia sobre xuntanza dos populares mosenses"
![[Img #44399]](upload/img/periodico/img_44399.jpg)
Nidia Arévalo explica que "o PSOE de Mos volve a facer gala da súa ingorancia e descoñecemento ao tratar de acusar de ilegalidade aos populares mosenses pola presenza de Protección Civil o pasado domingo na xuntanza celebrada en Sanguiñeda e á que acudiron 800 veciños e veciñas do municipio".
Ante "tamaño despropósito" a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense e presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, apuntan que “os socialistas non teñen nin idea do protocolo de seguridade a seguir en eventos de tal magnitude no que se reúne a un número tan elevado de persoas, porque nunca lograron congregar a tanta xente nunha das súas xuntanzas. En actos donde hai aglomeración e movemento de masas é obrigatorio tomar unha serie de medidas como solicitar a actuación de Protección Civil, a presencia dunha ambulancia, etc.”.
"A carpa instalada para a Xuntanza do PP de Mos estaba ademais en terreo privado, non público como din os socialistas, polo que se pediu permiso tanto ao propietario do terreo como o pertinente permiso municipal ao Concello de Mos; ademais de facer un seguro de responsabilidade civil e solicitar en tempo e forma a presenza de Protección Civil" aclaran nun comunicado.
“Pola súa banda os socialistas de Mos, cando organizan as súas xuntanzas (nas que por outra banda non logran reunir a máis de 50 persoas) non solicitan o pertinente e obrigado permiso municipal, como ocorreu no último acto que realizaron nos exteriores do Pazo de Mos, e dende o PP nunca os sacamos na prensa por iso”, lamentan Arévalo e Augusto. "No seu caso as medidas de seguridade non son necesarias porque as 50 persoas que logran reunir non se consideran aglomeración de masas".
Por iso alcaldesa e presidente dos populares instan ao PSOE a “predicar primeiro co exemplo antes de dar leccións”. Todo isto demostra "que o PP de Mos ten experiencia na realización de eventos e que en ningún caso o pasado domingo se fixo uso se servizos municipais con fins partidistas, tan só se solicitou en tempo e forma a actuación de Protección Civil, o que calquera entidade pode e debe facer no caso de organizar un evento masivo" aseguran os populares.
Engaden que "ademais grazas ao protocolo de seguridade activado polo PP de Mos para o pasado domingo púidose atender con enorme rapidez a unha veciña que sufriu unha indisposición por un golpe de calor e tivo que ser atendida por unha ambulancia e desprazada ao hospital".
Respecto da crítica dos socialistas sobre a ausencia o domingo de representación do goberno na Xuntanza do Monte de Tameiga, Camilo Augusto e Nidia Arévalo respostan que “estaríamos encantados de haber ido en caso de que se nos houbese invitado, de ter recibido invitación participaríamos gustosamente na Xuntanza do Monte, pero lamentablemente non foi así; en calquera caso, tivemos a sorte na nosa xuntanza en Sanguiñeda de compartir a xornada do domingo cunha amplísima representación da veciñanza de Tameiga”.
Arévalo e Augusto concluíron extraendo a lectura positiva da difamación dos socialistas “coa nosa xuntanza multitudinaria do domingo conseguimos dúas cousas, por unha banda motivar e agradecer á nosa xente, e por outra espertar a envexa do PSOE, o que significa que estamos a facer moi ben as cousas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126