Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 08 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Medio centenar de nenos e nenas asistiron aos campus de tenis e padel organizados polo Concello

A clausura e entrega de diplomas tivo lugar esta semana

Esta semana tivo lugar a clausura dos campus de tenis e padel organizados polo Concello de Tomiño durante os meses de xullo e agosto.


Presidida pola alcaldesa Sandra González, a entrega de diplomas aos máis de 50 nenos e nenas participantes na actividade, contou coa presencia tamén do concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso e do monitor contratado, Fabián Gutiérrez Corvetto.


A alcaldesa agradeceu a alta participación nos campus e felicitou aos participantes polo seu esforzo e afán de superación, animándoos a seguir na mesma liña.

 

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, salientou a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes, antes considerados minoritarios, e lembrou a importancia de contar coa Área Deportiva do Mosteiro, anexa ao colexio Pedro Caselles, onde existen varias pistas de tenis e padel, arranxadas polo Concello, que permiten a realización das actividades en moi boas condicións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.