PROVINCIA
Últimos días para inscribirse na proba BTT do “DepoDesafío 2018” que percorrerá Cerdedo-Cotobade
A cuarta proba da competición organizada pola Deputación de Pontevedra terá lugar o vindeiro 16 de setembro e contará cun percorrido de 35 quilómetros
O vindeiro domingo 16 de setembro terá lugar en Cerdedo-Cotobade a cuarta e penúltima proba do “DepoDesafío 2018”, que consistirá nunha carreira de BTT nun percorrido de 35 quilómetros. Para esta proba o prazo de inscrición continúa aberta ata as 11.00 horas do venres 14 de setembro para todas aquelas persoas que non se teñan anotado a todas as probas do “DepoDesafío 2018”. A inscrición pode realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/depodesafio/probas).
Antes da carreira BTT de Cerdedo-Cotobade xa tiveron lugar outras tres probas enmarcadas no “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. En concreto, os e as participantes que están inscritas a todas as probas e aqueles que anotáronse individualmente a algunha das mesmas puideron gozar dunha carreira a pé entre Tomiño e A Guarda, dunha travesía a nado no Grove e dun trail de montaña na Cañiza.
Tras estas tres probas, e a falta de celebrarse o BTT do domingo en Cerdedo-Cotobade e o tríatlon de Vigo, lideran a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018” Mónica Mezquita e Brais Misa. Así, atravesado o ecuador da competición, Mónica Mezquita acumula 520 puntos, 5 máis que Ariana González e 115 máis que Cristina Fernández. Pola súa banda, Brais Misa, con 480 puntos, avantaxa a Ricardo Rey en 35 puntos e a David Garrido en 95.
Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.
“Depo Desafío 2018” enmárcase no Plan Estratéxico de Deportes e consiste nun novidoso proxecto dirixido a persoas maiores de 18 anos no que se combinan probas deportivas como carreira, bicicleta e natación. Os principais obxectivos deste programa son popularizar estas probas deportivas, ao tempo que se dan a coñecer as extraordinarias vilas e paraxes por onde se desenvolven, así como promover e concienciar á poboación sobre a práctica do deporte popular no medio natural dunha maneira respectuosa, sustentable e responsable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126