GONDOMAR
Aberto o prazo para inscribirse na última “Depo Andaina”, que percorrerá Gondomar
As inscricións, cun límite de 300 prazas, estarán abertas ata o mércores 10 de outubro
![[Img #44451]](upload/img/periodico/img_44451.jpg)
A Deputación de Pontevedra abriu esta semana o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na última quenda da terceira edición do programa gratuíto “Depo Andainas”, organizado pola institución provincial. Esta nova actividade consistirá nunha ruta de dificultade media e cun percorrido de 12,4 quilómetros que partirá do casco urbano de Gondomar para visitar algúns dos atractivos do municipio do Val Miñor.
Esta última cita das “Depo Andainas” ten como punto de saída o centro da localidade desde onde a ruta discorrerá ata o paseo fluvial, no que se virará cara a ponte das Ánimas seguindo o curso do río ata chegar á aldea de Rasas, onde comezará unha subida. Alí poderanse observar numerosos muíños ata chegar a Couso e a súa igrexa. A partir deste punto comezarase a baixada, seguindo os regatos e volvendo ao punto de partida.
Como actividade complementaria, haberá un pequeno obradoiro sobre sendeirismo con explicacións sobre os tipos de sinalizacións e consellos a seguir para facer rutas
Esta ruta ten, como actividade complementaria, un pequeno obradoiro sobre sendeirismo no que se explicarán as sinalizacións máis habituais, o seu significado, o grao de dificultade, como interpretalas e os consellos e precaucións a seguir á hora de facer unha ruta.
O prazo desta “Depo Andaina” permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 10 de outubro a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115