TOMIÑO
Máis de 1500 estudantes de Infantil, Primaria e Secundaria comezan un novo curso escolar en Tomiño
O IES Antón Alonso Ríos suma máis de 600 matrículas entre o alumando de ESO e os ciclos de FP

Perto de 900 escolares de Educación Infantil e Primaria do concello de Tomiño comezan esta semana as clases. Repartidos nos colexios públicos de Tebra (97 estudantes); Barrantes (86); Goián (150); Sobrada (199); Pedro Caselles (206) e Colexio Rural Agrupado (122), veñen a sumarse aos máis de 600 do IES Antón Alonso Ríos (alumnado da ESO e ciclos de FP) e os 90 das dúas escolas infantís públicas, de Goián e O Seixo.
A maioría dos centros de Primaria manteñen en termos xerais o número de inscricións, rexistrando algunhas baixas os colexios de Barrantes e Caselles, e 11 escolares menos no caso do CRA.
As listas de agarda das garderías públicas ascenden a 22 no caso do Seixo e 7 en Goián; prazas que se cubrirán na súa práctica totalidade co bono “Concilia”, de forma que ningún neno ou nena quede sen escolarizar.
Durante o verán o Concello levou a cabo varias obras de mellora e reparación dos centros educativos de Primaria, coma a mellora da pista deportiva do CEIP de Tebra; colocación dun teito acústico no comedor e mellora da calefacción no pavillón polideportivo cuberto no CEP Pedro Caselles; acondicionamento do espazo exterior do CEIP de Goián, e dun patio para infantil no colexio de Sobrada, así coma outras obras menores de reparación e mellora nos demais centros e nas aulas do CRA do Seixo, Amorín, Forcadela, etc. O investimento total ascendeu a máis de 65.000 euros de fondos propios.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, valorou positivamente as cifras de escolaridade acadadas, tanto nos centros de Primaria, coma no Instituto, lembrando a importancia de fomentar a educación pública e gratuíta, e por conseguinte a igualdade de oportunidades para todas as persoas do municipio, independentemente dos seus recursos económicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126