O PORRIÑO
O goberno local remata os traballos de mellora e reforma da zona do Torreiro da Forna, na parroquia de Budiño
A Concellería de Vías e Obras que dirixe Manuel Carrera, explica que vén de "facer realidade" o compromiso que o propio concelleiro adquirira coas veciñas e veciños de Budiño, e rematou os traballos de reforma do Torreiro da Forna.
As obras abrangueron o axeitamento do propio torreiro, a pavimentación da zona a colocación de beiravías de formigón, a mellora da zona de aparcamento de vehículos, a situación dun paso peonil, ademáis da recollida de augas pluviais do Centro Cultural e a colocación dunha nova tubaxe de saneamento.
Manuel Carrera subliña o feito de que os traballos fixéronse con cargo ao Plan Concellos da Deputación 2017 e que os mesmos contaron cun orzamento total de máis de 45.000€, “cos que non so recuperamos un lugar que é o centro das festas de San Blas, senón que melloramos e enriquecemos unha parte da parroquia de Budiño especialmente querida polos seus habitantes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11