Galicia
Aresa e a USC dan comezo á edición 2018 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, e o presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinaron esta semana o convenio de colaboración que pon en marcha a edición do ano 2018 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. No acto, celebrado no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago de Compostela, tamén estivo presente a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto.
Esta firma é o punto de partida dunha nova convocatoria deste recoñecido galardón co que Aresa e a USC premian cada ano diferentes iniciativas e proxectos presentados por empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outro tipo de entidade que contribúa á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural.
Os representantes de ambas entidades coincidiron ao subliñar “a necesidade de seguir apoiando este tipo de proxectos para a dinamización do rural”, como resaltou Antonio López. “Este premio é un bo exemplo para as entidades privadas e ademais hai que salientar o seu carácter aberto, pois acolle todo tipo de iniciativas dende o ámbito máis académico ata o máis real, o das empresas”, engadiu o reitor.
Pola súa parte, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, transmitiulle ao novo reitor os seus mellores desexos no cargo e explicou que as bases desta décimo novena edición non sufriron cambios con respecto ás anteriores.
Tras a sinatura protocolaria deste convenio, explicaron que na avaliación das candidaturas o xurado prestará especial atención aos proxectos que xeren valor engadido e emprego no rural galego, á súa viabilidade económica, á creación de postos de traballo, á posta en valor dos produtos da terra de tradición galega, á recuperación de subsectores agrícolas e gandeiros tradicionais e á innovación en produtos que teñan potencial de desenvolvemento.
A presentación de candidaturas pode realizarse xa dende hoxe mesmo ata o 26 de outubro nos rexistros da USC.
Edicións anteriores
Na traxectoria do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado no ano 2000 e que acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran premiados como o profesor da USC Javier Guitián (en 2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), a Facultade de Veterinaria (2008) e a Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (2017). Fóra do ámbito universitario, outros gañadores foron a IXP TerneraGallega (2004), o programa de TVG ‘O Agro-labranza’ (2005), a D.O. Ribeira Sacra (2006), a Asociación de Criadores de Rubia Galega - Acruga (2010), a Sociedade Agraria de Transformación ‘Montes de Trabada’ (2011) ou a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) (2016).
Recibiron tamén este galardón o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o lucense Xosé Manuel Rodríguez Silva (2003); os impulsores da queixería Casa Macán (2007); e empresas como a industria cárnica Nova Novafrigsa (2000), Ingapán (2009), Champivil (2012), Alibós Galicia, que foi a gañadora da edición de 2013, e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, que recibiu este galardón na súa edición de 2014. O grupo empresarial galego Agroamb, que atopa a súa sede empresarial no concello lugués de Castro de Rei, resultou merecedor do premio na edición de 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60