Miércoles, 10 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:

O persoal de Maderas Iglesias manterá a folga ao non confiar nas novas promesas da dirección

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este martes cumpriu 15 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos esta mañá pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos

 

Co ánimo intacto despois de dúas semanas de paralización total da empresa. A unanimidade coa que as traballadoras/es da empresa de fabricación de tarima flotante con sede no Porriño afrontaron a convocatoria da folga indefinida non decae, e entra na terceira semana desafiando as novas promesas efectuadas por unha patronal, á que, a estas alturas, dan escaso crédito.


Así pois, e a pesar da mediación efectuada na mañá deste martes polo Consello Galego de Relacións Laborais, que resultou nunha listaxe de compromisos que incluía un calendario de pagamentos das nóminas adebedadas, o persoal expresou a súa negativa a depor a loita na asemblea celebrada ás 19 horas nos arredores da empresa.


Lembran, como exemplo recente, o incumprimento das condicións pactadas tras o ERE de xuño deste ano – que lograron reverter de 150 a 34 ceses- pero cuxas indemnizacións aínda non foron abonadas. Tamén o calvario vivido  tras oito anos de conxelación salarial, así como a demora continua e incumprimentos no pago de nóminas, das que a día de hoxe seguen pendentes a de agosto e a extra de xullo do ano vixente.


Piden, ademais, o respecto da Xunta á decisión tomada pola asemblea traballadoras/es, reivindicando que a administración se implique de xeito pleno na consecución de investidores de cara a lograr un futuro para a empresa.


Despois da importante decisión tomada hoxe, o persoal manifestarase este mércores 12 de setembro, ás 11 horas, desde os arredores da praza dos cabalos de Vigo (onde vive un dos donos) até o edificio da Xunta de Galiza, reafirmando a vixencia dos motivos que os levaron á folga.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.