GALICIA
CCOO lembra que a misión dos GES é responder ás emerxencias, non atender «caprichos dos alcaldes»
O sindicato pide abordar nunha mesa de negociación a situación laboral deste colectivo, o recoñecemento dos seus dereitos e a estabilidade do emprego
O sector da Administración local de CCOO de Galicia lembra que a misión dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) é, precisamente, responder ante situacións de emerxencia. «Non están para atender caprichos dos alcaldes». O sindicato critica as controvertidas afirmacións realizadas nos últimos días por algúns responsables municipais en relación con este servizo.
CCOO lembra que os GES foron creados no 2013 para atender emerxencias naqueles lugares onde os parques de bombeiros non podían dar un servizo axeitado, principalmente debido á distancia e á dispersión poboacional. Entre as funcións tamén se lles asignou a prevención forestal e a intervención ante os incendios deste tipo en que fose necesaria a súa presenza.
O sindicato explica que as tarefas forestais lles foron encomendadas debido ao modelo de financiamento, que en boa medida corre a cargo dos fondos europeos FEDER. Isto obriga, por exemplo, a que os GES fagan labores de roza nun número mínimo de hectáreas cada ano.
Para CCOO, este sistema de financiamento crea un «grave problema» para a efectividade dos GES, pois o tempo que dedican a rozar é tempo que non poden destinar á súa obriga principal, que é atender as emerxencias nas localidades do seu ámbito.
Outro problema que padecen os GES é a asunción de tarefas que non lles corresponden. CCOO denuncia que moitos Concellos usen este colectivo como «traballadoras e traballadores de usos múltiples», encomendándolles labores como a limpeza de espazos, a montaxe de casetas e mesmo o reparto porta a porta de propaganda municipal.
Ante a atribución irregular de tarefas que non corresponden aos GES, moitos alcaldes e alcaldesas escúsanse en que «non poden estar de brazos cruzados agardando a que se produza unha emerxencia». CCOO critica este argumento, pois o traballo dun grupo de emerxencias comeza antes de ser chamado para algunha intervención. «Require un traballo previo e continuo que abrangue desde o mantemento do material de intervención, a práctica diaria de simulacros de acción, o adestramento físico ou a comprobación dos diferentes medios de extinción que se atopan no seu ámbito de actuación», sinalan desde o sindicato.
Mesa de negociación
Por outra banda, para que os GES poidan dar o mellor servizo posible á cidadanía, CCOO reivindica a creación dunha mesa de negociación na que abordar a súa indefinición contractual e o recoñecemento dos seus dereitos laborais. «Estas empregadas e empregados públicos teñen dereito a saber do seu futuro laboral e da estabilidade no emprego de xeito que podan conciliar a vida familiar da mellor forma posible», afirma Comisións.
CCOO tamén pide a cobertura das baixas laborais que superen os quince días, mediante bolsas de emprego que para este efecto se crearon en cada comarca; recursos suficientes para a realización do seu traballo con eficacia e seguridade e a elaboración dun plan de autoprotección por territorios, para dar formación básica á poboación, especialmente aos colectivos máis vulnerables.
Por último, o sector da Administración local de CCOO solicita as Administracións competentes lles faciliten aos GES a información precisa para a actualización e revisión dos hidrantes e puntos de auga, tanto para a acción preventiva como para a actuación nun incendio forestal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60