MOS
O BNG de Mos presenta una moción propondo modificar o Plan Xeral
O ancho dos viais un problema acuaciante
O BNG explica nun comunicado que "o plan xeral dun municipio é unha ferramenta importantísima de desenvolvemento, non tan só no ámbito do urbanismo, se non coma guía para mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns do concello. E en todo este proceso os políticos son os que marcan as directrices que debe seguir o plan, podendo por suposto, resultar moi distintos plans dependendo de quen goberne".
Engaden que "esto foi o que aconteceu en Mos. Unha vez aprobado o plan xeral, e tras obviar durante o seu trámite algunhas propostas tanto de AAVV coma de partidos políticos, dito plan comeza a amosar as carencias das que adolece. Algunhas xa avisadas nas alegacións e outras que son sobrevidas".
O Bng leva a pleno a proposta , en forma de moción, para a modificación do plan xeral debido aos erros que contén, así coma para que se actualice.
"Sería conveniente actualizalo á Lei do Solo de 19 de marzo 2016, así coma ao recentemente publicado Plan Básico Autonómico que complementa o plan actualmente en vigor".
Os erros que habería que subsanar -segundo o BNG- serían entre outros: "as alineacións e anchos de viais, non permitindo anchos inferiores a 8 metros en ningún caso nos viais menos importantes e non permitindo anchos inferiores a 10 nos viais normais. E sempre aumentando ditos anchos, non se debe aspirar a un futuro de rúas estreitas; complementar o plan actual co inventario de camiños, depurando os erros que se atopen ( hai casos de viais privados que aparecen con alineacións no plan xeral); utilizar as normas subsidiarias para estudar o que sería de aplicación neste plan,( non todo era malo nas normas subsidiarias); estudar as ordenanzas, sobre todo a 2 ( residencial mixto) e a 5 ( industrial), revisando aproveitamentos e alturas; realizar estudo apantallamento radioeléctrico e outros, con éstos acortariamos o proceso das licencias que non terían que ser remitidas a AESA ( Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Hai que lembrar que o noso concello está moi afectado por este tipo de afeccións".
O Bng considera "imprescindible esta modificación, que aínda que non faría que a nosa postura variara con respecto á negativa da súa aprobación, pero asume o Bng que calquera mellora hacia a cidadanía será sempre apoiada polo Bng".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60