GALICIA
A Xunta chama á acción con motivo do Día Mundial da Limpeza
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático presentou a iniciativa ‘1 m2 polas praias e mares’ con representantes de Ecoembes e SEOBirdLife, promotores do proxecto ‘Libera’ que loita contra a acumulación de residuos na natureza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio sumarase este outono á campaña de sensibilización e recollida de lixo 1m2 polas praias e mares co fin de implicar activamente á cidadanía galega no obxectivo de liberar os espazos costeiros da chamada basuraleza.
Así o trasladou hoxe en rolda de prensa a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, quen aproveitou a celebración mañá do Día Mundial da Limpeza para facer un chamamento á acción cidadá contra a contaminación que provocan os residuos na natureza e nos océanos.
Baixo o lema 1 m2 polas praias e mares, a nova campaña enmárcase no proxecto Libera que impulsaron no ano 2017 SEOBirdLife e Ecoembes para loitar contra a acumulación de lixo en espazos naturais desde unha tripla perspectiva: coñecemento, prevención e participación. Nesta ocasión, o obxectivo será organizar unha serie de batidas colaborativas de limpeza que se desenvolverán entre o 28 de setembro e o 7 de outubro en praias, zonas da costa e áreas fluviais de todo o país previamente seleccionadas.
O labor dos participantes centrarase tanto na recollida e retirada de lixo nos puntos escollidos, como na caracterización dos propios residuos co fin de obter información sobre cales son as tipoloxías máis habituais e actuar en consecuencia a través do deseño de medidas especificamente dirixidas a reducir a súa presenza no medio mariño.
Outro dos obxectivos desta nova campaña, como explicou a directora xeral, será contribuír a visibilizar que a acumulación de residuos nos océanos se ten convertido nunha das principais ameazas para a biodiversidade mariña e, por extensión, para a conservación do planeta. Ante esta situación, Ferreira Costa sinalou a importancia de promover máis accións colaborativas coma estas coas que implicar ao conxunto da cidadanía no coidado do medio ambiente e na eliminación da chamada basuraleza mariña, entre a que destacou de maneira especial as cabichas, as toalliñas húmidas e os envoltorios.
Con este fin, ata o próximo 24 de setembro todas as entidades e organizacións interesadas en participar na iniciativa 1 m2 polas praias e os mares poderán inscribirse a través da web www.proyectolibera.org e incluso rexistrar puntos de recollida de lixo en espazos costeiros ou fluviais do seu interese.
Do 28 de setembro ao 7 de outubro organizaranse batidas colaborativas co fin de limpar diferentes espazos costeiros
Por este motivo, haberá que esperar para saber o número total de batidas de limpeza previstas en Galicia aínda que o obxectivo, segundo explicou Ferreira Costa, é superar notablemente ás cifras da edición anterior. Nestes momentos, hai xa 8 entidades galegas apuntadas na iniciativa, o que representa o 10% das inscricións recibidas a nivel nacional.
Balance das campañas anteriores en Galicia
Precisamente, a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático eloxiou a boa resposta da sociedade galega ao proxecto Libera. Así, lembrou que en 2017 Galicia acolleu por primeira vez a acción 1 m2 pola natureza, mobilizando a 159 persoas que colaboraron na limpeza de 7 espazos naturais; e o pasado 16 de xuño a iniciativa volveu repetirse cun éxito de participación aínda maior: algo máis de 500 voluntarios repartidos entre 25 batidas.
No caso concreto da campaña 1 m2 polas praias e os mares, a pasada edición contou con 367 participantes que limparon e caracterizaron os residuos de 12 puntos da costa galega, entre eles, as praias de Santa Cristina (Oleiros), A Magdalena (Cabanas) e Rodas (Cíes) ou a zona fluvial da Antena (Ourense). Na edición deste ano, que arrincará o vindeiro 28 de setembro, a previsión é que estas cifras melloren de forma considerable tendo en conta, como recalcou a directora xeral, “a gran relevancia” que teñen as praias e o mar para o sector turístico, industrial e pesqueiro da comunidade.
“Os resultados acadados non fan outra cousa que motivarnos a seguir colaborando con este proxecto, prestando todo o noso apoio a todos os interesados coa firme crenza de que mellorar o estado de conservación dos nosos espazos naturais está na nosa man”, subliñou María Cruz Ferreira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217