PONTEAREAS
ACiP denuncia “amiguismo” do goberno cara a determinados propietarios de fincas urbanas

Semanas despois de denunciar a situación na que se atopa a finca de Granitos, en pleno casco urbano de Ponteareas, "o estado da leira segue a ser o mesmo en canto a sucidade e perigosidade para os usuarios; os últimos coincidindo coas festas patronais, pois volveu a usarse como aparcadoiro público sen adoptar medida algunha" denuncian dende ACIP.
"Ante esta situación, e xa atendendo a obrigatoria -por lei- limpeza de fincas, especialmente preto de núcleos urbanos", ACiP ven de solicitar no concello "a listaxe de leiras urbanas as que o concello enviou notificación esixindo o cumprimento da normativa. Por sorpresa nesa relación non aparece a de Granitos, demostrando unha vez máis que en moitos eidos o goberno local actúa por simpatías e amiguismo".
“Tal e como indica a lei de prevención de incendios forestais, o goberno municipal ten a obriga de comunicar e esixir a tódolos propietarios que manteñan limpos os terreos”, sostén o voceiro municipal de ACiP, Juan Carlos González Carrera, “e se a lei e igual para todos, tamén o é para os propietarios da leira de Granitos; máis aínda sendo un terreo que o concello usa como aparcadoiro, que está preto de vivendas e que, como xa o denunciamos, o seu estado de limpeza, seguridade e salubridade é nefasto. Aquí hai un claro caso de favoritismo e iso non se pode permitir”.
"Ante a negativa do goberno municipal a actuar de oficio e comunicar por igual a todos os propietarios de leiras a cumprir coa lei", ACiP decidiu presentar "denuncia no concello esixindo o cumprimento da norma".
Alén diso e en relación con esta finca de Granitos, González Carrera insiste en que “agardamos con ansia o documento definitivo do Plan Xeral, porque sospeitamos que haberá sorpresas con esa finca”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213