DEPORTES
Máis de douscentos ciclistas encherán as rúas de Ponteareas en homenaxe a “Josiño”
O circuito urbano sairá ás 10:00 horas da Praza Bugallal

Ponteareas celebra o Gran Premio Festas de Setembro que organiza o Club Ciclista Ponteareas e que este ano rende homenaxe a José García Fernández “Josiño”, un dos seus ciclistas falecido nun atropelo cando adestraba.
O Gran Premio comeza ás 10:00 horas do domingo día 16 dende a Praza Bugallal para percorrer un circuito urbano de pouco máis dun quilómetro.
En categorías feminina e masculina dende alevíns a juniors pasando por infantís e cadetes os participantes tamén poderán probar a súa destreza na proba de ginkana nas categorías benxamín, promesa e principiante.
Máis de douscentos deportistas de toda Galicia achegaránse coas súas familias e equipos ata Ponteareas para acadar o desexado primeiro posto no podium.
Ao remate do Gran Premio haberá trofeos e a organización entregará un detalle á familia do ciclista homenaxeado.
O Club Ciclista Ponteareas reinvindicará a necesidade de melloras na seguridade viaria para evitar accidentes como o de Josiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11