Jueves, 11 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 15 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

acuBam aposta pola comunicación dixital das empresa do rural, como estratexia de diferenciación e competividade empresarial

 

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0. Así pois, dispor dunha boa estratexia de comunicación e dotala de contido de calidade e creativo, é básico para asegurar o posicionamento e así contribuír a incrementar os beneficios da actividade empresarial. Así é que pensa acuBam, a Asociación de Cultivos Baixo Miño quen, en colaboración con ABANCA, VEMARGALICIA, Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra, organizou a Xornada “A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas”.

 

“A importancia da presenza online para as empresas”

A xornada deu comezo coa benvida da Alcaldesa de Tomiño, Da Sandra González, quen apoiou de maneira continua ao sector agro da comarca nos últimos anos, e resaltou a importancia do traballo conxunto das empresas asociadas a acuBam e felicitou polo bo facer dende a asociación.

 

Presidiu a xornada a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen animou ás empresas do sector a adentrarse no mundo dixital e suliñou a importancia de que deben posicionarse sen medo nos medios online. Asimesmo salientou e felicitou ás empresas que forman acuBam, pola colaboración que realizan de xeito conxunto, acadando deste xeito maiores resultados para o sector.

 

Contouse tamén coa presenza doutras autoridades coma a Alcaldesa do Rosal Da Ma Carmen Alonso, así como doutras administracións coma o IGAPE ou ADETO.

 

Dende a Xunta Directiva de acuBam levouse a cabo a presentación da nova web (http://acubam.org/), explicando as principais melloras da plataforma e facilidades para os asociados en relación ao acceso da documentación e información relevante para o sector. Ademais, esta nova plataforma permite acceder ás páxinas webs individuais de cada empresa asociada, mellorando o posicionamento tanto da web da asociación como a dos seus asociados.

 

Chío Infante, CMO en Venditos-Axencia Creativa, ofreceu unha sesión práctica na que trasladou as chaves para usar a creatividade como factor diferencial nas estratexias de comunicación das empresas.

 

Ademais, dende a Deputación de Pontevedra se contou coa participación de Esther Garciñuno, asesora TIC do Programa SmartPeme, quen abordou a súa ponencia desde a prisma da era dixital e das ferramentas TIC que están ao alcance das empresas para potenciar a efectividade dos seus procesos de comunicación.

 

Finalmente, a xornada pechouse cunha mesa redonda aberta a tódolos asistentes, os cales puideron interactuar cos invitados da mesma: Rita Álvarez, da Floristería Las Flores de Rita e Jose Collazo, de Viveiros Río Tollo, empresas ambas ubicadas na Comarca do Baixo Miño, as cales transmitiron a súa experiencia no deseño e posta en marcha dun plan de comunicación dixital, e levaron á sala os beneficios e retornos que execución deste plan está a reportar en termos económicos nas súas empresas.

 

A xornada pechouse cun viño no Mercado de Tomiño, onde os asistentes puideron compartir opinións nun espazo máis distendido e aberto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.