
O Vindeiro 29 de setembro celébrase na parroquia de Cabreira, Salvaterra de Miño, o acto central do encontro literario musical Entreverbas.
Será a cuarta edición dun evento que comeza a consolidarse como una cita destacada no eido cultural da comarca.
O Entreverbas é, na opinión dos seus organizadores, “una festa da palabra na voz dos seus autores”. Cada ano unha representación “destacada das nosas letras son convidados a participar neste acto para compartir fragmentos das súas obras co público asistente”.
Silvia Penas, Isabel Blanco, Antonio G Teijeiro, Miriam Ferradáns, Iolanda Zúñiga, Toño Núñez, Tamara Andrés ou Emma Pedreira son algunas das voces que pasaron polo Entreverbas en edicións anteriores. 2us, Cintaadhesiva, Aida Saco e Su Garrido Pombo puxeron a música.
Programación 2018
O xoves 27 de Setembro - 20:30 h. na Casa do Conde de Salvaterra haberá una charla con Branca Novoneyra, “Uxío Novoneyra, pai e poeta”.
Ó día segunte, venres 28 de Setembro, ás 20:30 h. na Carpintería Acuña, Cabreira. Proxectarase o filme “Mulleres da raia” e posterior coloquio coa directora Diana Gonçalves.
E o sábado 29 de Setembro ás 19:00 h. no Centro Cultural Xerme de Cabreira celebrarase un recital coa participación de: Xosé Iglesias, Antía Otero, Diego Alfonsín. O peche do acto contará coa actuación musical de Sonia Lebedinsky
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.