Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 18 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Barrio do Casal conta con 11 novas vivendas conectadas a rede de saneamento

 

A Concellería de Vías e Obras, simultaneando os seus traballos cos de asfaltado que a Deputación de Pontevedra está a realizar na estrada EP-2405, ao seu paso polo barrio de Casal, na parroquia de Budiño, está a levar o saneamento a 11 vivendas deste lugar.

 

Manuel Carrera lembra que para poder realizar esta obra o Goberno local aprobara, pola vía de urxencia, a redacción dun proxecto que supuxo impulsar unha modificación orzamentaria moi criticada polo Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.

 

“Pois ben”, engade o tenente de alcalde, “grazas a ese proxecto e esa modificación orzamentaria, que era necesaria, en contra do criterio amosado polo PP, as veciñas e veciños desta parte de Casal verán cumprida unha antiga demanda e, o que é moito máis importante: terán acceso ao saneamento, que é o que tiñamos que garantir dende o Concello”.

 

Carrera subliña que para que isto sexa unha realidade vanse instalar 518 metros lineais de tubaxe de 315 mm de diámetro, se completarán 11 acometidas, remataremos 19 pozos de rexistro e 5 sumidoiros de pluviais, ademais de varios ‘cruzamentos’ de  abastecemento para vivendas que precisaban pasar á outra parte da estrada para acceder á rede municipal.

 

Manuel Carrera amosa a súa “ledicia” por cumprir cunha demanda de hai anos das veciñas e veciños e agradece á Deputación de Pontevedra que “atendese, de novo, as nosas solicitudes” arranxando unha estrada que ten treitos que non se tocaban dende hai máis de 10 anos.

 

As obras que comezaron hai dúas semanas e que contan cun orzamento total de 50.000 euros, estarán rematadas a principio do vindeiro mes de outubro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.