Mundo Empresa
Susana López incide no “compromiso da Xunta para fomentar o emprego feminino”
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou no I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades que ten lugar no Palacio de Congresos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou o compromiso do Goberno galego para fomentar o emprego feminino e apoiar as iniciativas empresariais promovidas por mulleres; así como para acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes en postos de responsabilidade.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta maña en Santiago de Compostela no I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades organizado pola Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago e pola Asociación de Altas Capacidades de Galicia.
Segundo López Abella, equilibrar os nomeamentos en postos de primeiro nivel mellorará, sen dúbida, a eficiencia e a competitividade das empresas galegas, así como o benestar, o crecemento económico e a cohesión social. “É un obxectivo prioritario para avanzar en modernidade e para volver á senda do crecemento”, asegurou.
A titular de Igualdade destacou que a mellora das expectativas económicas e de emprego das mulleres ten que ser compatible coa vida privada e familiar. E para poder conciliar a vida laboral coa persoal e familiar é imprescindible impulsar medidas que permitan tanto a mulleres como a homes equilibrar a balanza das responsabilidades nas esferas pública e privada da forma en que mellor se adapte as súas necesidades.
Polo que puntualizou ó respecto que, ademais da formación, tamén é necesario traballar no entorno das empresas e na visibilización das mulleres en postos de responsabilidade para estimular o liderado feminino. Neste sentido, a secretaria xeral de Igualdade afirmou que as mulleres son un piar fundamental na economía e na sociedade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126