Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 16 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Xose Manuel Rodríguez volverá ser candidato do BNG á alcaldía das Neves

O Alcalde nacionalista asegura que "loitará por sumar máis apoios nas vindeiras eleccións"

 

A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego das Neves ven de decidir que Xose Manuel Rodríguez Méndez se presente para ser elixido novamente Alcalde do Concello nevense.

 

A xuntanza da tarde noite do venres no local do BNG escolleu por unanimidade o candidato a alcaldía e tamén preveu posibilidades para os seguintes postos na futura candidatura as  leccións que se van celebrar na primavera de 2019.

 

O Responsable Local do partido, Oscar González, indica que “a Asemblea foi moi fructífera servindo para a citada escolla pero tamén para a posta en común do traballo e proxectos que están en marcha; e tamén para definir os obxetivos da seguinte lexislatura”.

 

O propio, Xose Manuel Rodríguez Méndez explica que “logo de tres anos de ir asentando bases agora toca cristalizar os proxectos e ideas. As Neves será un lugar atractivo para vivir con espazos públicos e de lecer máis axeitados para as persoas, unha xestión ambiental totalmente novedosa, preparado para ofrecernos ao turismo, cunha actividade cultural e deportiva moi potente e mirando con especial atención cara a infancia e a mocidade, o futuro das Neves, mediante a formación nas mellores condicións e creando actividade e espazos para o seu lecer”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.