Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Partido Popular pide melloras para a parroquia de Cans

Segundo o PP "a falta de xestión no rural do goberno porriñés queda de manifesto en Cans, onde varios puntos da parroquia atópanse nun evidente estado de abandono"

 

O grupo municipal popular do Porriño reclama ao Goberno Municipal melloras e arreglos na parroquia de Cans. Os populares apuntan que a falta de xestión do goberno porriñés no rural e as carencias que están a padecer os núcleos rurais do municipio queda de manifesto en Cans.

 

Así reclaman que, de maneira urxente, se proceda a levar a cabo as melloras e actuacións precisas para garantir o correcto estado das dotacións da parroquia e soslventar os problemas de seguridade que conleva o xa dilatado no tempo abandono da zona.  Apuntan en primeiro lugar aos bancos de madeira do torreiro de festas, que se atopan destrozados coas táboas rotas e levantadas e puntas metálicas ao aire, o cal supón un evidente risco para os usuarios.

 

Por outra banda,  urxen á reparación dun dos valados de protección dunha das estradas da Graña cuxo único arreglo pasou por colocar uns conos e cinta plástica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.