Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 17 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

As asociacións guardesas uniron forzas na II Mostra Asociativa

 

A Alameda da Guarda foi o escenario o pasado sábado día 15 de setembro da celebración da segunda edición da Mostra Asociativa, un evento multicultural no que as asociacións da vila foron as protagonistas, dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e unha intensa programación para todas as idades.

 

O evento comezou sobre as 11:00h da mañá e ao longo do día as diferentes asociacións participantes foros explicando e ampliando información sobre o seu traballo a través dun "Espazo Radio", onde puideron amosar aos asistentes como é o seu día a día, informacións de interese e tamén aproveitar para facer unha chamada á captación de socios.


Entre as actividades realizadas ao longo da xornada destacaron as actuacións musicais de Vento Mareiro, Na Revolta, Do Lusco ao Fusco, a Agrupación Musical da Guarda o Coro Arpegios Cantábile, Mordaza ou as exhibicións deportivas e de baile de Xamaraina, Club Deportivo Baixo Miño, A Guarda Hockey Liña, Sporting Guardés e Ballet Studio 88.


Tamén se contou con obradoiros, xogos, demostracións, unha exposición fotográfica, photocall, entre outras accións que encheron de público a Alameda da Guarda nesta xornada de convivencia asociativa e multicultural, que non pasou desapercibida e que congregou a moito público.


Unha xornada aberta á participación da cidadanía e que puxo de manifesto unha vez máis a importancia do asociacionismo, a colaboración e a implicación da sociedade en diferentes colectivos, para levar a cabo accións asociativas de interese xeral con diferentes temáticas e fins.


Dende o Concello da Guarda agradécese a asistencia dos colectivos participantes nesta segunda edición, tendo en mente xa a terceira edición para o vindeiro ano 2019.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.