PONTEAREAS
O PP de Ponteareas denuncia "o estado de abandono da Freixa"
"A acumulación de follas e restos orgánicos é a paisaxe da que debería ser unha preciosa praia fluvial" aseguran

O PP de Ponteareas lamenta "o estado de deterioración no que se atopa A Freixa". “É unha pena que unha praia fluvial como a que temos en Ponteareas e que é unha alternativa fantástica ás praias de Vigo, atópese nese estado de abandono total por parte deste Goberno tripartito”, explicou Villar.
“Está a piques de terminar o verán e a situación non cambiou, foron moitos os usuarios que se queixaron da falta de mantemento, mesmo houbo queixas porque non se recollían os cubos de lixo”.
"A situación actual do río coa acumulación de follas, os restos orgánicos, a pouca corrente existente, a calor e a propia barreira de boias, non deixa circular a auga e leva á putrefacción en superficie, o que imposibilita o baño e co risco sanitario que supón". De feito o PP asegura que debido a este mal estado "xa apareceron varias troitas mortas".
Belén Villar urxe "ao alcalde Represas, sempre tan preocupado polo Medio Ambiente cando estaba na oposición, a que poña remedio a esta situación". "É inexplicable que A Freixa atópese neste estado de abandono. Un lugar que debería ser pontenciado para o ben do noso turismo e para o propio lecer dos nosos veciños".
O PP tamén se pregunta "porqué o goberno tripartito presume de que creará novos parques e zonas verdes se non é capaz de coidar os existentes".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8