GALICIA
Os traballadores do 061 mobilizáronse fronte a Sanidade
Traballadores do 061 concentráronse hoxe pola mañá fronte á sede da Consellería de Sanidade, en Santiago, para denunciar a situación que viven, tras máis de mes e medio de conflito, e entregaron un escrito dirixido ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña no que se pide amparo da Consellería para que se reanuden as negociacións e se poida chegar a un entendemento e solucionar así un conflito que no é bo para ninguén

Os traballadores do 061 non piden gañar máis nin mellorar as condicións previas ao traslado, só demandan que as condicións laborais e en materia de conciliación da vida laboral e persoal non sexan moito peores que as que tiñan en Santiago.
Os traballadores insisten en que o quebranto do traslado á Estrada debe ser o mínimo posible. Os traballadores do 061 non poden ser castigados cun traslado que en nada mellora a calidade do servizo pero si empeora as súas condicións laborais e familiares.
Os traballadores estatutarios do 061 insisten en denunciar que as súas condicións no traslado son peores que as da empresa Telemark e que as que se lle ofreceron aos cinco traballadores laborais.
De feito, xa na reunión do pasado 12 de xuño amosouse unha postura inamovible. Aos traballadores só se lles ofrece a equiparación co laudo arbitral da UTE Telemark-Spain, SL-Coremain, que é a empresa subcontratada por Axega. Neste laudo as cuestións sometidas a arbitraxe eran subrogación, limitación aos despedimentos, temas de xornada, compensación económica polo traslado do servizo, preferencia na contratación e cantidades indebidamente detraídas.
Pero, de todas estas cuestións, a única aplicable ao 061 é a de compensación económica polo mesmo importe que a empresa Telemark, de todos os xeitos, un importe que non cobre os custos reais de desprazamento que sofren os traballadores. Pero, ao non aplicarse o resto das condicións, os traballadores do 061 quedarían en peor situación que os de Telemark. Do mesmo xeito, as condicións dos cinco traballadores laborais, que xa teñen asinado un acordo, son obxectivamente mellores que as do persoal estatutario.
Por todo isto, piden que a Consellería de Sanidade se implique na busca dunha solución á situación para rematar con este longo conflito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217