GALICIA
Os autónomos poden solicitar ata o 1 de outubro axudas
As axudas dos novos programas de apoios da Xunta para facilitar aos autónomos a remuda xeracional e unha segunda oportunidade pódense solicitar ata o próximo 1 de outubro.
As axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas a facilitar a transmisión nos negocios dos traballadores por conta propia próximos á xubilación, identificando as condicións óptimas para o traspaso, contan este ano cun orzamento de 500.000 euros. O que se busca é a concesión de axudas económicas para a realización dunha remuda xeracional ordenada nos negocios dos autónomos. Na actualidade, máis do 30% dos autónomos galegos se sitúa por riba dos 55 anos.
A través desta actuación, a persoa transmisora e a persoa adquirente do negocio teñen unha axuda coa que se financia o 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1000 euros para a persoa transmisora e de 1500 euros para o adquirente.
Segunda oportunidade
Con respecto ao programa para a unha segunda oportunidade, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 1 millón de euros para beneficiar aos traballadores por conta propia que queiran reemprender un negocio sempre que adquiran un compromiso de formación. As axudas, polo tanto, van dirixidas a aqueles que cesaron a súa actividade económica por causas económicas e agora desexan unha volta ao emprendemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217