PROVINCIA
Continúa aberta a solicitude de prazas nos cursos “DepoVerde”
O proxecto ten por obxectivo impulsar as producións horto froiteiras e apícolas de calidade en espazos protexidos da provincia
A Deputación de Pontevedra informa de que o prazo para anotarse nos cursos a distancia do proxecto “DepoVerde” estará aberto ata o 30 de setembro, polo tanto as persoas interesadas en realizar calquera destas accións informativas a distancia poderán facelo a través do correo electrónico depoverde@depo.es.
O obxectivo xeral desta iniciativa é impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade e mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. Ao abeiro deste programa impartiranse accións formativas en relación a apicultura sustentable e á hortofruticultura sustentable.
Máis polo miúdo, en relación a apicultura sustentable abordaranse cuestións relacionadas coa contextualización da zona de estudo, antecedentes da Apis mellifera, o proceso producvo para a obtención do pole, cera, propóleos e xelea real, enfermidades e pragas na apicultura, a produción apícola como motor económico en zonas protexidas, produción apícola ecolóxica e xestión empresarial. A misión do programa será capacitar aos interesados en levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos e facer un uso máis eficiente dos recursos naturais.
No que respecta a hortofruticultura sustentable vanse tratar temas relacionados coa hortofruticultura na provincia de Pontevedra, o solo e a súa preparación, operacións de cultivo de froitas e hortalizas, parásitos e xestión fitosanitaria, os invernadoiros e a xestión da explotación hortofrutícula.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136