Jueves, 10 de Septiembre de 2026

Actualizada Jueves, 10 de Septiembre de 2026 a las 13:47:26 horas

Xornal21.es
Lunes, 24 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

Rapide E: desvelados os segredos do primeiro Aston Martin completamente eléctrico

As primeiras unidades entregaranse no cuarto trimestre de 2019

 

Aston Martin avanza a bo ritmo no desenvolvemento do seu primeiro vehículo eléctrico de produción, o Rapide E. A marca de luxo británica confirmou unha nova serie de detalles técnicos para esta edición especial, limitada a 155 unidades.


En estreita colaboración co seu socio de desenvolvemento, Williams Advanced Engineering (WAE), Aston Martin empregou o seu liderado na tecnoloxía de vehículos eléctricos para comezar unha nova era na tecnoloxía de tren de potencia de Aston Martin e asumir os desafíos tecnolóxicos asociados á ensamblaxe das baterías e motores no espazo dispoñible.


Durante todo o proceso de desenvolvemento, o equipo de enxeñería centrouse en crear un sistema de refrixeración adecuado para as baterías e o motor, co fin de garantir un rendemento constante. Ademais, marcáronse esixentes obxectivos de redución de peso, utilizando aliaxes e materiais compostos de carbono máis lixeiros.


O  Rapide E contará cunha batería eléctrica de 800V, cunha capacidade de 65 kWh e máis de 5.600 celas de ion de litio 18650 en formato cilíndrico. Estas celas móntanse nun pack de baterías creado a medida e situadas na posición do motor orixinal V12 de 6.0 litros, a súa caixa de cambios e o depósito de combustible. Este sistema de baterías alimenta dous motores eléctricos, situados na parte traseira do vehículo, que producen unha potencia combinada superior aos 610 cabalos e uns colosais 950 Nm de par máximo.


A autonomía do Rapid E é de aproximadamente 320 quilómetros, segundo a normativa  WLTP, aínda que vehículo é capaz de recargar nunha hora unha autonomía de 297 quilómetros, empregando un cargador de 400 V/50 Kw. Por outra banda, o sistema de batería de alta voltaxe de 800 V permite unha carga máis rápida, de case 500 quilómetros de autonomía nunha hora, empregando un cargador 800 V que entregue 100 kW ou máis.


Como calquera Aston Martin, o Rapide E estase desenvolvendo co obxectivo de alcanzar un elevado rendemento. A velocidade máxima proxectada para o Rapide E é de 250 km/h, alcanzado o 100 km/ h en menos de 4 segundos e recuperando de 80 a 110 km/h en só 1,5 segundos. É importante destacar que estas cifras non se limitan a cando as baterías están completamente cargadas. O obxectivo foi obter o máximo rendemento durante calquera estado de carga da batería, como se esperaría dun vehículo convencional con motor de combustión interna. Isto inclúe a capacidade de rodar unha volta completa de Nürburgring sen ningunha redución da capacidade da batería e a capacidade de facer fronte ás demandas diarias de repetidas aceleracións e freadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.30

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.