PROVINCIA
Ángel Moldes: “O reparto dos fondos de DepoRemse demostran que foi outro plan premeditado desde a sede do PSOE e BNG”
Segundo o Partido Popular "os concellos gobernados polo PP presentan máis proxectos que o PSOE e BNG xuntos pero reciben 3 veces menos, 2,6 millóns de euros fronte aos 6,5 millóns recibidos polos municipios rexidos polo PSOE e BNG, pese a pasar o corte do baremo técnico obxectivable"

O voceiro do Partido Popular na Deputación de Pontevedra, Ángel Moldes, cualificou a aprobación de fondos do Plan DEPOREMSE de “adxudicación arbitraria, improvisada e caciquil” a tenor dos resultados "que arroxan un importe total de 6,5 millóns de euros para concellos gobernados polo PSOE e o BNG mentras que os rexidos por alcaldes do PP reciben tan só 2,6 millóns pese presentar máis que as outras dúas formacións políticas que conforman o bipartido do ente provincial".
Moldes asegura que "xa no último Pleno da Deputación se albiscaba a improvisación, falta de planificación e caciquismo neste tema porque chegaron a presentar ata 3 modelos distintos para baremar os proxectos que se presentaran ao DEPOREMSE onde se pasou de adicarlle o 25% a criterios subxectivos (“maduración do proxecto”) a concederlle o 40% final”.
O representante popular non entende "como moitos concellos gobernados polo Partido Popular e que pasaron o corte dos criterios técnicos obxectivos e ponderables como datos sobre a poboación, territorio ou extensión da rede viaria foron apartados dun xeito arbitrario ao aplicárselles o criterio subxectivo de 'maduración do proxecto'”.
Ao respecto deste "criterio subxectivo" o deputado provincial pregúntase "como poderían ter un nivel de maduración os proxectos a encaixar neste Plan DEPOREMSE se se presentou escasos meses despois de aprobarse os orzamentos, a toda présa e de xeito improvisado cunha modificación de crédito de 30 millóns de euros e unha partida de 7 millóns para dotalo sen que ningún alcalde puidera coñecer da súa existencia para poder madurar ningún proxecto”, interrógase Moldes.
Ángel Moldes respecta e felicita aos concellos que teñen os seus proxectos aprobados, pero asegura que a presidenta da Deputación “tenlle collida a matrícula” e "marxina aos veciños que residen en municipios gobernados polo PP"
Moldes fala de "discriminación dos veciños que residen en concellos gobernados polo Partido Popular e asegura que esta presidenta colleulle a matrícula a certos veciños da provincia e ten claro que os vai prexudicar polo que nos amosamos solidarios co que lles está sucedendo por que se lles castiga sistemáticamente, polo que entendemos que algúns alcaldes acaben levando os seus recursos ata os tribunais porque danse casos, como o de Marín, onde a pesar de ser aceptadas polos técnicos as súas alegacións e incluso cun informe favorable a que ese proxecto se dotara de fondos do Plan DEPOREMSE, como no caso da xefa de Cooperación, ao final quedou fóra dun xeito arbitrario e caciquil”.
ENTRE OS DEZ PRIMEIROS "NON HAI NINGÚN DO PP"
Como un dos moitos datos curiosos que desvela Ángel Moldes "tras analizar o proceso de concesión das axudas do Plan DEPOREMSE vese que entre os 10 primeiros concellos do ránking non hai ningún gobernado polo Partido Popular e que dos rexeitados, o 75% están gobernados por esta formación política".
Ángel Moldes respecta e felicita aos concellos que teñen os seus proxectos aprobados, pero "lamenta que unha grande maioría de veciños e veciñas residentes en concellos da provincia gobernados polo PP se queden de xeito sistemático fóra das axudas da Deputación como pasara xa con Plan de Proxectos Singulares onde PSOE e BNG levaron o 80% dos fondos e agora levan tres veces máis cartos que os gobernados polo PP. Son datos obxetivos, pode velo calquera. Agora máis do 60% dos recursos van só para os concellos socialistas e nacionalistas. Parecera que estiveramos asistindo a un plan premeditado desde a sede do PSOE e BNG, onde non se pensa nin nos concellos nin nos veciños, senón nas próximas eleccións municipais”, asegura o deputado popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217