A GUARDA
O Conservatorio de Música da Guarda inicia curso ao completo
José Antonio Soutelo Muñoz, Director do Conservatorio de Música da Guarda, valora o inicio deste curso coma "un dos mellores"

O pasado luns día 17 de setembro tivo lugar o inicio do novo curso no Conservatorio de Música da Guarda, un ano especial polo aumento de matriculacións, quedando cubertas a totalidade das prazas ofertadas nos diferentes grupos, coma Percusión, frauta travesera, clarinete, saxofón, gaita, violín, viola, piano, guitarra clásica e eléctrica, trompeta, trompa, trombón e tuba.
Entre as novidades deste novo curso destaca a posta en marcha da materia de Percusión, cubríndose tamén a totalidade das prazas ofertadas, a incorporación dun novo profesor para linguaxe musical ou a formación dun Coro, que contará coa participación de todos os alumnos do Conservatorio.
Tamén este ano os alumnos do curso de gaita terán a oportunidade de optar a clases en conxunto, a diferenza de outros anos en que só ofertábanse clases individuais.

José Antonio Soutelo Muñoz, Director do Conservatorio de Música da Guarda, valora o inicio deste curso coma un dos mellores, non só polo éxito de matriculacións, senón pola cantidade de novidades e ampliación de servizos, o que pon en valor este espazo cultural na vila da Guarda e que promoverá ter unha boa «canteira» de rapaces e rapazas cunha formación musical sólida e variada.
Dende a Concellería de Cultura, Elena Baz destaca o esforzo realizado dende o Concello para o mantemento do Conservatorio, ampliando a oferta de servizos, engadindo que «apostar pola música é apostar por un bo futuro para os rapaces e rapazas, inculcando valores positivos coma o traballo en equipo, a responsabilidade, a disciplina, entre outros».

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184