GALICIA
O premio galego de arquitectura distingue ao Campus da Auga de Ourense, a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago
O premio na categoría de Arquitectura é compartido polos tres proxectos en Ourense, Vigo e Santiago

Os proxectos do Campus da Auga (Ourense) a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago, veñen de ser distinguidos na categoría de Arquitectura. Nesta convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estes tres proxectos comparten galardón neste mesmo apartado.
Nesta mesma categoría de Arquitectura, o xurado concedeu ademais mencións aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun apartamento en Noia.
Na categoría de Rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación. E as mencións neste apartado recaeron na rehabilitación de vivendas da Ferrería (Vigo) e o acondicionamento do cuartel da Guarida Civil en Ferrol.
En rehabilitación o galardón é para a recuperación da antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago
Na categoría de Sustentabilidade o premio foi concedido ao proxecto das instalacións de Norvento no parque empresarial das Gándaras, en Lugo.
Premio de Arquitectura
Con respecto a estes tres proxectos que recibiron conxuntamente o premio na categoría de Arquitectura cabe sinalar que o edificio do Campus da Auga é un proxecto de Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias, o edificio está emprazado no campus de Ourense da Universidade de Vigo e está destinado aos laboratorios de investigación relacionados coa auga.
Con relación á Edar de Lagares, en Vigo, o galardón distingue o proxecto do realizado por Perfecto Cendón e Javier Vázquez.
Mentres que o proxecto das instalación de Finsa, redactado por Miguel Alonso Flamarique, Roberto Erviti Machain, Mamen Escorihuela Vitales e Antón Varela García, distingue a reforma integral dos dous edificios de oficinas existentes, a construción dun novo edificio de conexión entre ambos e a urbanización da súa entorno.
As mencións nesta categoría corresponden a casa unifamiliar en Cee, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López. E ao aparcamento na rúa Xuíz Falcone, en Noia, de Alfonso Salgado Suárez e Francisco Xabier Liñarez Túñez
Premio de rehabilitación
Na categoría de rehabilitación premiase á Curtiduría, proxecto foi redactado por Víctor López Cotelo e Ángel Panero Pardo, consistente na recuperación da antiga fábrica de curtidos emprazada en Pontepedriña de Arriba, en Santiago, e ao que a Fundación Laboral de la Construcción dedicou, unha vez rehabilitada, ás instalacións do Centro de Referencia de Formación en Rehabilitación.
Javier Suárez recibirá o premio especial á traxectoria profesional
As dúas mencións neste apartado corresponden ao proxecto de Eva Castro Álvarez, de rehabilitación de vivendas na Ferrería, en Vigo e ao proxecto de acondicionamento do cuartel da Guardia Civil en Ferrol, do Estudio Anta Arquitectos, Sergio Beceiro Lodeiro e Rosa Vilas Ramalde.
Premio Sustentabilidade
O premio á sustentabilidade foi concedido ao proxecto das instalacións que a empresa Norvento construíu no parque empresarial das Gándaras (Lugo), e que se traduce nun edificio autónomo enerxética mente, non conectado á rede. Este proxecto foi redactado por Francisco Mangado e Idoia Alonso Barberena.
Traxectoria profesional
Finalmente, o arquitecto Javier Suances foi distinguido co premio especial à traxectoria profesional polo xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia que este ano celebrou a súa segunda edición, deste premio de carácter bianual que convoca o departamento de Infraestruturas da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149