SALCEDA DE CASELAS
Secuestran exemplares de Xornal21® no Concello de Salceda de Caselas
Dende a Editorial lamentan o sucedido o considerar que é un atentado contra a liberdade de expresión, ao tempo que piden colaboración cidadá para dar cos autores materiais dos feitos
Paquetes que conteñen exemplares da publicación gratuita Xornal21 ®
No medio día da xornada do venres 21 desapareceron centos de periódicos Xornal21® que se deixan habitualmente nas instalación do Concello de Salceda de Caselas para que os veciños poidan consultalo ou levalo para as súas casas de xeito totalmente gratuito. O mesmo sucedeu na Biblioteca Municipal do Concello de Salceda de Caselas, onde tamén desapareceron todos os exemplares depositados.
Según alertaba hoxe luns un informante anónimo a publicación “desapareceu” literalmente das instalación municipais sen que se coñeza o autor ou autores materiais dos feitos.
Dende a Editorial da Publicación advirten que o “Secuestro de Publicacións” é una medida que so pode adoptar un Xuiz en base a criterios legais, pero que nunca pode ser adoptada por un individuo ou individuos a xeito particular.
Así, recordan que a Constitución Española, recoñece e protexe, no seu Artículo 20, os dereitos: a) “a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinión mediante a palabra ou calqueira outro medio de reproducción”, b) “A reproducción e creación literiaria (…)”, C) “A liberdade de cátedra” e d) “A Comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión”
Ademais a Lei recolle que “O Exercicio destos dereitos non pode restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa”.
Dende a Editorial de Xornal21® lamentan o sucedido o considerar que é un atentado contra a liberdade de expresión, ao tempo que advirten que tomarán todas as medidas civís ou penais que por Lei corresponda en caso de dar cos autores materiais dos feitos. Tamén piden a colaboración cidadana para localizar e identificar aos autores do secuestro.
ENLACE Á PUBLICACIÓN SECUESTRADA http://issuu.com/xornal21/docs/x21_n125?e=0
Paquetes que conteñen exemplares da publicación gratuita Xornal21 ®No medio día da xornada do venres 21 desapareceron centos de periódicos Xornal21® que se deixan habitualmente nas instalación do Concello de Salceda de Caselas para que os veciños poidan consultalo ou levalo para as súas casas de xeito totalmente gratuito. O mesmo sucedeu na Biblioteca Municipal do Concello de Salceda de Caselas, onde tamén desapareceron todos os exemplares depositados.
Según alertaba hoxe luns un informante anónimo a publicación “desapareceu” literalmente das instalación municipais sen que se coñeza o autor ou autores materiais dos feitos.
Dende a Editorial da Publicación advirten que o “Secuestro de Publicacións” é una medida que so pode adoptar un Xuiz en base a criterios legais, pero que nunca pode ser adoptada por un individuo ou individuos a xeito particular.
Así, recordan que a Constitución Española, recoñece e protexe, no seu Artículo 20, os dereitos: a) “a expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinión mediante a palabra ou calqueira outro medio de reproducción”, b) “A reproducción e creación literiaria (…)”, C) “A liberdade de cátedra” e d) “A Comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión”
Ademais a Lei recolle que “O Exercicio destos dereitos non pode restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa”.
Dende a Editorial de Xornal21® lamentan o sucedido o considerar que é un atentado contra a liberdade de expresión, ao tempo que advirten que tomarán todas as medidas civís ou penais que por Lei corresponda en caso de dar cos autores materiais dos feitos. Tamén piden a colaboración cidadana para localizar e identificar aos autores do secuestro.
ENLACE Á PUBLICACIÓN SECUESTRADA http://issuu.com/xornal21/docs/x21_n125?e=0



























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126