PROVINCIA
A Deputación adxudica o contrato para a prestación do Servizo DepoEmprende
A empresa Norformación S.L. será a encargada de formar, asesorar e supervisar ao alumnado na actividade económica
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, por procedemento aberto, o contrato para a prestación do “Servizo de Asesoramento e Mentorización no marco DepoEmprende 2017” á empresa Norformación S.L., por un valor de 52.458,34 €.
Este servizo, que conta coa colaboración da Fundación Incyde e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, consistirá en formar, asesorar e supervisar ao alumnado na actividade económica. Mediante titorías individuais, tanto online como presenciais, o obxectivo da empresa adxudicada será resolver dúbidas e necesidades particulares de cada unha das persoas, así como acompañar o establecemento dos primeiros contactos e relacións iniciais con clientes, provedores e socios.
Depoemprende 2017, cun orzamento total de 400.000 euros, é un proxecto para o fomento da cultura emprendedora en pequenos negocios e pemes e para a creación de ferramentas innovadoras para o autoemprego. A través deste programa, as persoas beneficiarias reciben formación, asesoramento e mentorización para a creación de proxectos empresariais, ademais de todo tipo de apoio para a busca de emprego.
Máis polo miúdo, Carmela Silva sinalou que o programa está dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra priorizando colectivos con maior risco de exclusión no mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con diversidade funcional e outras persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social) e pretende espallar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento, debido á súa achega de creatividade e innovación, e eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos. Tamén pretende promover a incorporación ao mercado laboral a persoas novas de toda a provincia, desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas e contribuír a viabilidade e sustentabilidade das novas empresas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217