GALICIA
Xornadas “Non tolees coa wifi” para informar sobre os servizos de internet
Están dirixidas aos axentes TIC das aulas CeMIT, ao persoal municipal e aos cidadáns interesados en resolver as dúbidas sobre contratación de internet
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro as xornadas formativas “Non tolees coa wifi”, que se levarán a cabo presencialmente nas aulas CeMIT de Marín, Oroso, Celanova e Sarria e poderanse seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia.
Nos últimos anos está a crecer o nivel de uso da banda larga en fogares e empresas, cada vez son máis as familias que precisan contratar un servizo de internet pero aínda existen moitas dúbidas e desconfianzas ao respecto. Con esta formación búscase achegar aos asistentes os coñecementos básicos para a contratación de internet e da resolución de incidencias no servizo.
Realizaranse un total de 4 xornadas, unha por provincia, ás que se poderá asistir presencialmente ou por videoconferencia nas aulas da Rede CeMIT habilitadas
As xornadas están dirixidas aos axentes TIC das aulas CeMIT, co obxecto de que posteriormente podan eles crear os seus propios cursos na materia, e a todo o persoal municipal e cidadáns interesados. Explicaranse conceptos tales como as tecnoloxías de acceso á internet dispoñibles no mercado, as conexións precisas para os distintos usos de internet, as redes e operadores presentes en Galicia, os canais dispoñibles para reclamacións e os organismos competentes neste ámbito e normativa existente.
Aulas CeMIT e inscricións
As persoas interesadas poderán asistir a calquera dos catro cursos dispoñibles que terán unha duración aproximada de dúas horas. Para achegar a formación ao maior número de destinatarios posibles, organízase unha xornada en cada provincia facilitando a asistencia ben presencial ou por videoconferencia nas seguintes aulas.
Para a inscrición tan só hai que premer sobre a aula de interese:
- Xornada 1 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Marín e por videoconferencia en Ribadeo, Padrón, Carballedo e San Sadurniño
- Xornada 4 de outubro de 12:00 a 14:00 horas: presencialmente na aula de Oroso e por videoconferencia en Leiro, Valga e Cerceda
- Xornada 9 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Celanova e por videoconferencia en Ortigueira e Guitiriz
- Xornada 10 de outubro de 17:00 a 19:00 horas: presencialmente na aula de Sarria e por videoconferencia en O Vicedo
Pódese consultar mais información sobre as datas e formalizar a inscrición, de balde, na páxina web de CeMIT, e na aulas CeMIT de xeito presencial ou contactar coa Oficina CeMIT enviado un correo a cemit@xunta.gal
Servizo de asesoramento a concellos
Esta xornada nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Amtega. Ademais, trala xornada, a Oficina porá a disposición dos asistentes a documentación presentada.
A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217