Miércoles, 15 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Septiembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Abre o prazo de solicitude para optar ao programa de mellora de espazos públicos

É unha iniciativa que ten por obxectivo acondicionar funcional e esteticamente os xardíns, parques e outras áreas públicas que en 2017 beneficiou a unha vintena de municipios

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a apertura do prazo de solicitude para que os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes poidan optar ao Programa de Mellora de Espazos Públicos durante o exercicio 2018. Mediante esta actuación, o goberno provincial ten por obxectivo recuperar para o conxunto da cidadanía espazos de lecer para que se poida mellorar o acondicionamento funcional e estético de xardíns, parques e outras áreas públicas dos concellos da provincia.

 

Carmela Silva apuntou que “o que queremos é que o espazo público teña o ornato e a adecuación necesaria para que a cidadanía poida gozar del”. Así, a través deste programa, a Deputación pretende mellorar a calidade de vida das persoas mediante a recuperación de espazos públicos degradados para convertelos en zonas de convivencia da veciñanza. Para iso, o goberno provincial destinará mobiliario e outros elementos de ornato elaborados polos distintos servizos da Deputación, como é o caso da Escola de Cantería ou dos módulos formativos de carpintería e cerrallería.

 

Deste xeito,  as actuacións ao abeiro do programa de mellora de espazos públicos consistirán exclusivamente na entrega de material dirixido a xardíns, parques infantís, parques biosaudables, outros espazos verdes ou calquera outro tipo de área de lecer sempre que sexan de titularidade municipal e uso público. En liñas xerais, as subministracións terán por destino o equipamento novo ou a substitución de elementos existentes deteriorados, quedando excluídos do programa as actuacións de rehabilitación de todo tipo de elementos e a creación de novos espazos públicos.

 

O ano pasado beneficiáronse desta iniciativa 16 concellos da provincia que puideron mellorar as súas zonas de lecer a través de monumentos, melloras de rotondas e zonas axardinadas ou instalación de bancos e mesas de madeira e granito. Este ano, os concellos interesados en obter algún destes elementos ou outros similares deberán presentar a solicitude, de xeito telemático a través da sede electrónica, ata o 20 de novembro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.